Martes, 26 Agosto de 2025

A Paradanta

Nova xornada de portas abertas do serradoiro dos Carranos o domingo en Covelo

A Concellería de Turismo do Concello de Covelo convida a participar nunha nova xornada de portas abertas do serradoiro dos Carranos. Será este domingo día 18 de xuño e as persoas interesadas poderán inscribirse nun dos catro pases que se realizarán.

Festival de verán do Club Covelo Patinaxe Artística

O Club Covelo Patinaxe Artística convida a toda a cidadanía ao seu festival de verán 2023 que celebrarase este domingo día 18, ás 19 horas, no pavillón municipal da vila.

Campus multideporte de verán en Covelo

O Concello de Covelo informa que, ata o vindeiro 14 de xuño, está aberta a inscrición para participar no campus multideporte de verán 2023. Do 26 ao 30 de xuño todas os nenos de 6 a 12 anos poden optar a unha das trinta prazas que oferta o Concello.

Covelo ofrece educación emocional e sexual co programa Quérote +

Os departamentos de Formación e Servizos Sociais do Concello de Covelo convidan ás familias a participar na charla informativa “Educación Emocional e Sexual na Familia” que terá lugar o vindeiro 13 de xuño de 17:30 a 19:00 horas.

A Cañiza regula a actividade forestal no municipio

A Cañiza regula a actividade forestal extractiva de corta e saca de madeira a leña dentro do municipio co fin de conservar e protexer a infraestrutura viaria pública municipal.

Ovos, chourizos e patacas fritidas en Covelo

A nova directiva da Asociación Virxe da Guía de Maceira decidíu recuperar os actos festivos do día de Santo Antonio e rescatar así unha tradición para deixar en herdanza a súa mocidade.

Covelo dá a benvida ás primeiras alumnas en prácticas do Campus Rural da UVigo

O alcalde en funcións de Covelo, Pablo Castillo, e a concelleira de Formación en funcións, Lourdes Enes, recibiron ás tres alumnas da Universidade de Vigo que realizarán as súas prácticas no Concello.

A Cañiza xa dispón do skate park e pump track máis completo de Galicia

Cos recursos do Plan Concellos da Deputación, o Concello da Cañiza conta xa co seu novo skate park e pump track, situado na rúa Silleda, a carón da Escola de Música municipal.

Gran concerto musical en Covelo este sábado

Logo do extraordinario concerto do violoncellista Guillermo Pastrana chegan a Barcia de Mera as obras de Falla, Rachmaninov, Schuman, Ligeti, Montsalvatge e Debussy grazas ao concerto musical e recitado “La música en otros cuerpos”.

O alumnado do C.E.I.P Antonio Blanco coñece a serra do Suído

O alumnado do CEIP Antonio Blanco coñecerá a riqueza natural do seu Concello da man man do guía de montaña Julio Eiroa. Esta iniciativa, financiada polo Concello de Covelo, enmárcase dentro do proxecto RíosAldeasMontañas,

Os Coidados Porta a Porta volven ao Covelo

Volven os Coidados Porta a Porta ao Concello de Covelo. Na área para autocaravanas instalarase o autobús sanitario que atenderá os días 4, 5 e 6 de xuño en horario de 09:00 a 20:00 horas.

Sesión vermú o sábado na Mostra de Produtos de Covelo

O Concello de Covelo convida a participar na súa Mostra de Produtos que, cada primeiro sábado de mes, reúne a ducias de produtores e artesás comarcais na Praza Mestre Cerviño.