Domingo, 24 Agosto de 2025

A Paradanta

A Festa da Lamprea Seca consolida o seu éxito ante centenares de visitantes

A XXVIII Edición da "Festa da Lamprea Seca" cumpriu, un ano máis, as expectativas de asistencia de público; coa presenza de centenares de persoas que non dubidaron en acudir a esta celebración gastronómica.

A Orquestra Sinfónica de Galicia acturá este venres no Ciclo de Música Relixiosa de Barcia de Mera

O Ciclo de Música Relixiosa de Barcia de Mera ofrece o seu sexto concerto este venres día 25. Aínda que, de xeito excepcional, mudan de sábado para venres o horario será o mesmo, ás 20 horas na igrexa de San Martiño de Barcia de Mera.

Andaina infantil en Arbo

O Concello de Arbo organiza o sábado, 26 de agosto, unha andaina infantil para cativos de todas as idades.

Cine na rúa este domingo en Barcia de Mera, Covelo

Este domingo día 20 as pistas deportivas de Barcia de Mera, en Covelo, acollerán unha nova sesión do cine na rúa enmarcada na programación Verán Cultural.

Crecente gozará dunha fin de semana musical coa Deputación

Esta fin de semana chega cargada de música ao Concello de Crecente, que desfrutará de dúas actuacións da man da Deputación de Pontevedra.

O Concello de Covelo ofrece apoio ás familias para conciliar a primeira semana de setembro

O Concello de Covelo informa que ten aberto o prazo para inscribirse no servizo de conciliación dirixido ás familias con nenos de 3 a 12 anos para cubrir a súa atención matinal na semana do 1 ao 8 de setembro.

A Cañiza inaugura unha nova exposición de pintura

O Concello da Cañiza inaugura unha nova exposición de pintura na vila. Nesta ocasión, vai da man da artista e mestra Laura Estévez e máis dos seus alumnos do CEIP de Valeixe.

Tradición galaico-portuguesa hoxe no Ciclo de Música Relixiosa de Barcia de Mera

O Ciclo de Música Relixiosa de Barcia de Mera ofrecerá hoxe martes, día 15 de agosto, o concerto de Locus Musicus. Será como de costume na igrexa de San Martiño ás 20 horas.

A 57 Feira do Xamón da Cañiza, a piques de comezar

O vindeiro martes, 15 de agosto, celébrase a esperada xornada gastronómica da Feira do Xamón e o VIII Concurso Nacional de Cortadores de Xamón.

Rematadas as obras de mellora do serradoiro dos Carranos

O Concello de Covelo informa que xa están rematados os traballos de mellora do serradoiro dos Carranos. As obras tiveron un custo de 30.000 € financiados ao 100 % co apoio da Axencia Turismo de Galicia da Xunta de Galicia.

As mulleres de Covelo recuperan o seu partido de fútbol

O domingo día 13 ás 20:30 horas as mozas solteiras xogarán contra as mulleres casadas no campo de fútbol de Covelo. A entrada é de balde e antes, ás 19:30, farao o Covelo Club de Fútbol.

A Cañiza ultima detalles para a Feira do Xamón 2032

A Cañiza xa está preparada para celebrar a súa 57 Feira do Xamón, cunha edición chea de actividades ao redor do seu produto estrela.