Sábado, 3 Maio de 2025

Covelo

Covelo investíu 35.000€ na mellora das instalacións do campo de fútbol e da cantina

O goberno de Covelo realizou obras de mellora nas instalacións do campo de fútbol municipal e da cantina por valor de 34.999,99€. As obras foron financiadas co apoio da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e permitiron a instalación de tres módulos prefabricados para uso da directiva e do persoal de mantemento do campo e o acondicionamento da cantina do campo de fútbol ubicada no Campo da Feira.

“Covelo Contemporáneo. O Artista e o Pobo”, esta fin de semana na reitoral de Santa Mariña

O Concello de Covelo convida a toda a cidadanía a participar na inauguración da exposición “Covelo Contemporáneo. O Artista e o Pobo” este sábado día 12 ás 11 horas e o domingo 13 no mesmo horario. A cita será na casa reitoral de Santa Mariña, un espazo único no que se fusionan pasado e presente.

Covelo aposta pola sinalización intelixente da reitoral e da igrexa de Barcia de Mera

O Concello de Covelo executou o proxecto de mellora da contorna da igrexa de San Martiño e da casa reitoral de Barcia de Mera ao abeiro das bases de subvencións para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas de Turismo de Galicia.

O serradoiro dos Carranos de Covelo abre as súas portas este domingo

A Concellería de Turismo do Concello de Covelo, que dirixe Lourdes Enes, convida a participar nunha nova xornada de portas abertas do serradoiro dos Carranos. Será este domingo día 6 de febreiro e as persoas interesadas poderán inscribirse nun dos catro pases que se realizarán.

Nova cita coa Mostra de Produtos de Covelo este sábado día 5

O Concello de Covelo convida á cidadanía a gozar un sábado máis da Mostra de Produtos de Covelo. A mostra, que se celebrará este sábado día 5 de 10 a 14 horas, aséntase na axenda da veciñanza da área metropolitana que, cada primeiro sábado de mes visita, a nosa vila para mercar produtos de primeira calidade e gozar da gastronomía local.

O goberno de Covelo repartíu máis de 17.000€ en axudas económicas a empresas locais

O goberno de Covelo concedeu as axudas económicas aos negocios do concello afectados pola declaración do estado de alarma pola Covid-19

Covelo inicia as obras de humanización do nucleo urbano

O Concello de Covelo inicia a humanización do núcleo urbano coas obras de Establecemento de itinerarios continuos con implantación de corredores verdes que recuperarán o espazo público para os péons na Praza Mestre Cerviño e na súa contorna. En palabras do seu alcalde, Pablo Castillo, “con este novo proxecto apostamos pola mellora da mobilidade interna e pola calidade urbana da vila, ademais de dar un paso máis na conservación e mellora dos espazos públicos e avanzar no cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS)”.

‘Roteiros e serradoiros dos Carranos’ percorre este domingo a ruta da ‘Forca do Lobo’ en Covelo

Lourdes Enes, concelleira de Turismo do Concello de Covelo vén de lembrar a todas as persoas interesadas que este domingo, día 30 de xaneiro, está prevista a realización do roteiro Forca do Lobo. A actividade enmárcase no programa 'Roteiros e serradoiro dos Carranos' desenvolto en colaboración coa Deputación de Pontevedra e que permite unha programación estable de rutas ao longo do ano.

Roberto Mera presenta en Covelo o seu libro “Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos”

O avogado e politólogo de Ponteareas Roberto Mera Covas presenta mañá no Auditorio Municipal de Covelo, ás 20.00 h, o seu libro “Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos”, publicado por Belagua Ediciones. Acompañarán o autor o presidente da Comunidade de Montes de Paraños, Xosé Manuel Sendín, e o xornalista Gabino Porto.

Covelo solicita á Consellería de Sanidade medidas urxentes para a mellora da atención no centro de saúde local

O goberno de Covelo urxe a inmediata actuación da Consellería de Sanidade para a mellora da atención sanitaria no centro de saúde local.

Covelo inicia a rehabilitación exterior da antiga escola de Redondo en Barcia de Mera

O Concello de Covelo da un paso máis na recuperación e protección dos edificios e espazos públicos co comezo da obra de rehabilitación exterior da antiga escola San José de Redondo situada na parroquia de Barcia de Mera.

Covelo inicia o proceso para a recuperación do espazo público coa axuda da Deputación

A Deputación de Pontevedra e o Concello de Covelo deron hoxe o primeiro paso para a recuperación e mellora do espazo público en Paraños, unha actuación que se desenvolverá nunha área de máis de 2.600 metros cadrados e que permitirá ao municipio configurar un espazo amable e seguro no núcleo rural.