Mércores, 7 Maio de 2025

Covelo

A coral Xuntanza de Covelo actúa este sábado na igrexa de Santiago de Covelo

O Concello de Covelo convida ao concerto que a coral Xuntanza ofrecerá este sábado día 18 ás 21 horas na igrexa de Santiago de Covelo.

Covelo visibilizará o seu rexeitamento á violencia de xénero a través dunha nova proba de orientación

O Concello de Covelo abre o prazo de inscrición para unha nova edición da actividade “Oriéntate Covelo: Non hai sitio en Covelo para o maltrato 2022”. A través desta proba de orientación o concello de Covelo quere visibilizar o seu rexeitamento á violencia de xénero.

A praia de Maceira, en Covelo, obtén a excelencia na calidade das súas augas

A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia vén de comunicar ao Concello de Covelo a calidade das augas de baño da praia fluvial de Maceira que, novamente, recibe a calificación de “excelente”.

Remata o prazo para inscribirse no curso de xardinería do VI Plan de Formación de Covelo

O Concello de Covelo informa que o xoves día 9 remata o prazo de inscrición para o curso de Xardinería que se desenvolverá do 13 ao 27 de xuño.

A Xunta contratará 16 socorristas para o Baixo Miño, O Condado e A Paradanta

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, vai financiar a contratación de 16 socorristas para a próxima campaña de verán en sete concellos das comarcas do Baixo Miño, O Condado e A Paradanta.

O venres 27 remata o prazo para inscribirse na escola de verán de Covelo

O Concello de Covelo recórdalle ás familias que o vindeiro 27 de maio remata o prazo para solicitar praza na escola de verán.

As melloras en instalacións deportivas suman preto de 155.000 € en Covelo

O Concello de Covelo continúa coa mellora das instalacións públicas deportivas nas que, nos últimos anos, leva investido 154.327 €.

La Sestelo-Álvaro Pino ultima detalles do seu paso por Covelo

O gañador de La Vuelta España, Álvaro Pino, visitou o concello de Covelo para presentarlle ao alcalde, Pablo Castillo, o maillot da marcha La Sestelo-Clásica Álvaro Pino e pechar detalles da marcha ao seu paso polo concello.

O sábado 7 de maio, nova cita coa Mostra de Produtos de Covelo na praza Mestre Cerviño

Este sábado 7 de maio e despois de máis de corenta anos, volve o fotógrafo minuteiro á praza Mestre Cerviño. O fotógrafo, artista, profesor e veciño de Covelo, Ángel Borrué, homenaxeará ao pai deste máxico invento, o fotógrafo barcelonés Juan Cantó y Mas, e retratará ás xentes e visitantes de Covelo que pasen este sábado pola Mostra de Produtos.

Covelo recoñeceu a traxectoria e logros do equipo de Adestramento de Cans de Rescate na Auga

O goberno de Covelo recoñeceu nun acto celebrado no salón de plenos da Casa do Concello o traballo do equipo de Adestramento de Cans de Rescate na Auga e Detención composto pola guía e adestradora canina Ángeles Rodríguez Fernández, Antonio Corredoira, Manuel Souto e a súa cadela Deva.

Xornada informativa sobre a factura da luz este venres no auditorio de Covelo

O Concello de Covelo informa que o vindeiro venres día 6 de maio un equipo do Instituto Galego do Consumo e da Competencia da Xunta de Galicia estará no auditorio municipal para ofrecer unha xornada informativa sobre a factura da luz.

Novo curso do VI Plan de Formación de Covelo

O concello de Covelo informa que xa está aberto o prazo de inscrición para o curso de Xardinería que se desenvolverá do 18 ao 31 de maio.