Venres, 9 Maio de 2025

Arbo

O BNG de Arbo, Crecente, Salvaterra e As Neves acorda medidas para a defensa das ‘pesqueiras’

O Deputado do BNG no Parlamento Galego, Luis Bará e os representantes nacionalistas das localidades de Crecente, Arbo, As Neves e Salvaterra de Miño, mantiveron o pasado sábado unha reunión de traballo en Arbo. Na xuntanza destacaron a necesidade da crear plans de actuación que axuden a posta en valor do patrimonio e a promoción de iniciativas que axuden a fomentar o turismo e o comercio da contorna.

Os populares de Arbo presentan unha moción no pleno para a rebaixa do prezo da luz

Ante a inquedanza trasladados por veciños de Arbo, o partido popular de Arbo presentaba unha moción para instar ao goberno de España a adopción de medidas para a rebaixa do prezo da luz.

Arbo remata as obras de mellora de accesos en Merelle-Vilaseca

O Concello de Arbo consideraba necesaria a execución da obra de infraestrutura rural “Mellora de accesos en Merelle - Vilaseca (Cabeiras)”, con destino ao uso ou servizo público, sen que por este concello se poideran acometer a súa execución por razóns orzamentarias.

O alcalde de Arbo reuniuse co coordinador provincial do Sector Ferroviario de CCOO

O sector ferroviario de CCOO mantivo unha reunión co alcalde de Arbo, Horacio Gil, co obxectivo de conformar un plan de necesidades de mobilidade adaptado aos concellos da marxe da liña ferroviaria do Miño.

O Concello de Arbo reafirma o seu compromiso coas novas tecnoloxías aprobando dous plans de despregamento de fibra óptica

Os plans presentados aos concello de Arbo polas empresas Telefónica e Vento Verde, que contan cos informes técnicos favorables, buscan poñer ao municipio de Arbo na vanguardia das telecomunicación co obxetivo de facer chegar as últimas tecnoloxías aos arbenses. Para elo vaise despregar unha rede de telecomunicacións de última xeración, de maneira que se fara chegar a fibra óptica, no vindeiro ano ata as vivendas dos usuarios.

O programa “Fai clic ao teu bocata” chega a Arbo

Os nenos participantes do campamento de verán do Concello de Arbo, degustaron unha deliciosa merenda a media mañá, mentres descubrían canta variedade e calidade ofrece o noso mar.

A Área Recreativa Bouza de Miguel de Arbo contará cunha pista de skate

O alcalde de Arbo, Horacio Gil, acaba de anunciar que Arbo contará cunha pista de skate que se construirá na Área Recreativa Bouza de Miguel.

Arbo acomete a mellora e ensanche dun camiño no lugar de Pazos, na parroquia de Barcela

O Concello de Arbo, dentro de seu programa de optimización da rede municipal de estradas, levará a cabo os traballos de ensanche e mellora dun camiño municipal en Pazos, Barcela, obras que contarán cun investimento de 34.898,54 euros (IVE incluído). O camiño, de titularidade municipal, atopase pavimentado con aglomerado pero a súa anchura so permite a circulación du vehículo e con certas dificultades.

Sogama adquire catro parcelas no Polígodo Industrial de Arbo para instalar unha das novas plantas de transferencia

Sogama acaba de adquirir un total de catro parcelas no polígono industrial de Arbo para instalar neste concello unha das novas planta de transferencia. Xestur, organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, foi o que adxudicou a superficie, un total de 4.420 m2 polos que Sogama aboará preto de 190.000 euros, tras aplicárselle unha bonificación dun 50 % sobre o prezo de venda.

Compostaxe en Arbo para os máis cativos

As actividades educativas do Revitaliza están, efectivamente, destinadas a nenos de Infantil, Primaria e Secundaria nos campamentos urbanos, cunha pequena parte teórica e outra práctica.

Arbo recupera a Antiga Casa do Conserxe

O Concello de Arbo recupera a Antiga Casa do Conserxe no C.E.I.P Antonio Carpintero para ofrecer o servizo de atención temperá. Os traballos realizados para adaptar a antiga vivenda, foron financiados con cargos os fondos propios do Concello de Arbo e encargadas a empresas locais.

Arbo pon en marcha as obras de mellora de camiños rurais

O Concello de Arbo, acaba de adxudicar as obras de mellora e pavimentación do camiño agrícola das Searas en Arbo.