Venres, 9 Maio de 2025

Arbo

Alcaldes do Condado-Paradanta urxen á Xunta unha reunión para tratar a situación da Atención Primaria na comarca

As alcaldesas e alcaldes do Condado-Paradanta solicitan á Xunta manter unha reunión urxente para buscar solucións ante a situación que está a atravesar a Atención Primaria na comarca, onde a falta de persoal sanitario provoca un progresivo deterioro da atención sanitaria nos centros de saúde da contorna e, especialmente, en Ponteareas, onde radica o PAC de referencia de todo o territorio.

A Xunta concede axudas ás principais adegas do Condado, A Paradanta e o Baixo Miño

A Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, vén de conceder 466.000 euros ás principais adegas das comarcas do Condado, A Paradanta e O Baixo Miño ao abeiro da orde de axudas para reestruturación e conversión do viñedo.

Arbo mellorará o pavimento e a drenaxe do vial sito en Eidos de Arriba

As obras se plantexan pola necesidade de facilitar o acceso normal de veciños e vehículos de servizo como ambulancia, bombeiros, etc, ao barrio de Eidos de Arriba. Un lugar de difícil acceso ata o momento, debido a configuración vial do núcleo actual, adaptándose o trazado existente o camiño público no que se están realizando as obras.

Rematadas as obras de acceso á igrexa en Cequeliños

O Concello de Arbo pretende seguir coa mellora da súa rede municipal de estradas, reparando as estradas e pistas asfaltadas, e pavimentando completamente as pistas que se atopan en terra, na medida das súas posibilidades.

O Concello de Arbo repartirá composteiros entre a veciñanza

O Concello de Arbo, un ano máis, vai a repartir gratuitamente composteiros entre os arbenses. Esta iniciaitva ten por obxecto estender as prácticas de autocompostaxe a distintas vivendas unifamiliares do municipio de cara a lograr unha xestión máis sostible do lixo.

Arbo recupera o desfile de comparsas

O Concello de Arbo, recupera o 27 de febreiro, despois dun ano o seu tradicional desfile de comparsas o domingo de Entroido, sempre cumprindo coas medidas sanitarias decretadas.

Arbo, Melgaço e Crecente programan o “Camiño de Santiago entre amigos”

O Salón de Plenos do Concello de Arbo acolleu a pasada semana, unha reunión entre o alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil, o alcalde do Concello de Crecente, Julio César García-Luengo, e o presidente da Cámara de Melgaço, Manoel Batista Calçada Pombal, a que asistiron os concelleiros de Deportes, co obxetivo de planificar as actividades de cooperación a realizar entre os tres concellos no ano 2022.

Concello e Xunta ampliará o vial entre a rúa Vázquez Estévez e a estrada PO-400

O Concello de Arbo, acaba de aprobar o convenio coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e vivenda a través da Dirección Xeral do Territorio e Urbanismo para realizar obras de ampliación do vial entre a Rúa Vázquez Estévez e a Estrada PO-400.

O xerente da Área Sanitaria de Vigo visitou o Centro de Saúde de Arbo

O xerente da Área Sanitaria de Vigo, Javier Puente, realizou unha visita ao Centro de Saúde de Arbo o pasado 15 de febreiro de 2022, acompañado polo alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil.

O Plan Marco da Xunta mellorará os camiños dos nove concellos do Condado e A Paradanta

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, vén de conceder unha achega de 523.292 euros aos nove concellos das bisbarras do Condado e A Paradanta ao abeiro do Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2022-2023.

O BNG de Arbo presentará alegacións á planta de transferencia de residuos sólidos urbanos de Sela

O BNG de Arbo, a través do seu responsable local, Diego Prieto, presentará alegacións ao proxecto e documento ambiental relativos á instalación da planta de transferencia de residuos sólidos urbanos no polígono empresarial de Arbo, situado na parroquia de Sela.

Arbo e a Xunta ampliarán o vial entre a rúa Vázquez Estévez e a estrada PO-400

O Concello de Arbo, acaba de aprobar o convenio coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e vivenda a través da Dirección Xeral do Territorio e Urbanismo para realizar obras de ampliación do vial entre a rúa Vázquez Estévez e a estrada PO-400.