Martes, 22 Abril de 2025

O xerente da Área Sanitaria de Vigo visitou o Centro de Saúde de Arbo

Acompañado polo alcalde da localidade, mantivo unha xuntanza co persoal do centro sanitario

O xerente da Área Sanitaria de Vigo, Javier Puente, realizou unha visita ao Centro de Saúde de Arbo o pasado 15 de febreiro de 2022, acompañado polo alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil.

Durante a visa o Xerente,  mantivo un encontro co persoal sanitario do devandito centro sanitario. En todo momento estivo acompañado polo alcalde da localidade, Horacio Gil.

Neste momento o centro de saúde conta con todo o persoal, ademáis de cunha unidade de ambulancia 12 horas ao día para o Concello de Arbo.

Esta xuntanza enmárcase no programa de visitas aos centros de Atención Primaria que o xerente está realizando, para coñecer de primeira man a situación dos seus profesionais así como a asistencia sanitaria ofertada.