Luns, 15 Setembro de 2025

A Cañiza

A Cañiza urbanizará o parque Uceira

O Concello da Cañiza acomete novas obras de urbanización no parque Uceira, "antigo mercado do gando", para mellorar a infraestrutura viaria. A obra está adxudicada á empresa NAROM por un importe total de 27.777,80 euros, dos cales o 20 % é aportación do Concello con fondos propios, e o 80 % restante corre a cargo da Xunta de Galicia.

A Cañiza comeza o seu ciclo de teatro de outono

O Concello da Cañiza comeza coa súa programación de outono co "teatro familiar" e inaugura o ciclo este sábado, 7 de outubro, coa representación da obra de teatro "Maxia, Mago Teto". Terá lugar ás 20.30 h, no auditorio da Casa de Cultura, con entrada gratuíta.

O CAAN rescata 5 cachorros que foron arroxados nunha bolsa atada a un colector na Cañiza

O Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra acaba de rescatar a cinco cachorros que foran arroxados dentro dunha bolsa atada nun colector no municipio da Cañiza.

A Cañiza aproba os festivos locais do 2024 e 3 convenios coa Deputación

Ás 9.00 horas do xoves celebrouse a sesión plenaria de carácter ordinario na que, na súa parte resolutiva, se fixaron os festivos locais para 2024, establecendo como tales os días 20 de maio (Romaría das Pascuillas) e o 15 de outubro (Santa Teresa).

A Cañiza mellorará o campo de fútbol das Augas Férreas da man da Deputación

O Concello da Cañiza aproba o convenio coa Deputación de Pontevedra para executar a obra de mellora integral do campo de fútbol das "Augas Férreas" da vila.

Presentados na Cañiza o curro e a rapa das bestas 2024

Presentados o curro e a rapa das bestas 2024 da man da asociación cabalar "Pedroso do Ribadil" e do Concello da Cañiza.

O Concello da Cañiza adquire o edificio e os terreos da antiga Cámara Agraria da Miñoteira – Valeixe

A compra oficializouse, ante a Notaria da Cañiza coa intervención e sinatura do alcalde, Luis Piña; e da xefa de Servizo de Administración e Xestión Patrimonial da Xunta de Galicia, Eva Lorenzo; asistindo tamén a secretaria do Concello, Inés Montero.

O alcalde da Cañiza recibe aos oficiais da brigada “Galicia VII”

O alcalde da Cañiza, Luis Piña, recibiu na Casa do Concello aos oficiais da brigada "Galicia VII" encargados do operativo "Centinela galego 2023" despregado na Cañiza para a defensa dos montes.

A Cañiza e Tomiño contarán con iluminación sostible

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de dar conta da concesión de máis dun millón de euros procedentes de fondos europeos para financiar a renovación de instalacións de iluminación exterior sostible en dez concellos da provincia, que contan cun orzamento total de preto de 1,2 millóns de euros.

O artista da Cañiza, Diego de Giráldez, inaugura unha exposición

O alcalde da vila, Luis Piña, e o recoñecido artista cañicense, inauguraron esta mañá esta nova exposición composta por 4 extraordinarias obras da colección particular de Diego de Giráldez.

O BM Cañiza, finalista na Copa Galicia de Balonmán

O conxunto sénior feminino do BM Cañiza non deixa de dar alegrías a súa afección e, por segundo ano consecutivo, disputarán a finalísima da Copa Galicia organizada pola Federación Galega de Balonmán.

A Deputación implantará enerxía xeotérmica no Concello da Cañiza

A Deputación de Pontevedra acaba de sacar a licitación o contrato para a prestación da asistencia técnica da mellora da eficiencia enerxética en edificios municipais da Cañiza e A Illa de Arousa.