O Concello da Cañiza, aproveitando a ola de calor que asolou a localidade durante a semana do 11 de agosto, activou a fonte de chorros transitable do parque “Heriberto Fuertes”, paralizada dende o comezo da Pandemia provocada pola Covid-19 e a declaración do Estado de Alarma.
O alcalde da Cañiza, Luis Piña, acompañou o pasado venres ao delegado territorial da Xunta de Galicia, Luis López, e ao xefe territorial de Medio Abiente, José Manuel González, na visita realizada ás obras de urbanización no entronque entre a rúa Progreso e o Regueiro.
O pasado sábado 14 de agosto, o Clube Fútbol Cañiza celebrou, na Praza Maior, o Acto Conmemorativo do seu 50 Aniversario. Un acto no que se rendeu un emotivo homenaxe a todas as persoas que formaron parte do Cañiza durante este medio século de vida.
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, vén de rematar as obras de apertura da nova rúa Regueiro da Cañiza.
O alcalde da Cañiza recibiu na Casa do concello aos oficiais da BRILAT do operativo "Centinela Galego" desplegado na Cañiza. Trátase dunha operación de reforzo para loitar e previr os incendios forestais, posta en marcha o pasado 15 de agosto.
Esta semana deron comezo as obras de execución na estrada EP-5005 ao seu paso polo Couto, na Cañiza. Son obras de calmado do tráfico, executadas e financiadas ao 100 % pola Deputación de Pontevedra, ao abeiro do "Plan Móvese".
O departamento de Lingua da Deputación vai levar a dez concellos da provincia unha peza teatral que revive a nenez de Rosalía de Castro. ‘Rosalía. O lugar onde medran as poetas’, unha peza dirixida por Fina Calleja e producida por Culturactiva.
O Club de Fútbol Cañiza celebrou as súas Vodas de Ouro, esta pasada fin de semana, nun acto no que estiveron presentes o alcalde, Luis Piña, así como todas as persoas que formaron parte deste gran Equipo durante este medio século.
O alcalde da Cañiza, Luis Piña, reuniuse esta pasada semana na Xerencia do Sergas da Área Sanitaria de Vigo, coa directora de Atención Primaria, Reyes Díaz, e a subdirectora de Enfermería, Mar de la Peña, para tratar, unha vez máis, de poñer solución ás reclamacións realizadas dende o concello sobre "a necesidade de cubrir de modo inmediato a praza de médico no consultorio de Valeixe".
A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, visitou onte o Concello para acompañar ao Alcalde Luis Piña na promoción do Xamón da Cañiza. Ademáis, aproveitando este encontro, o Alcalde invitou á Presidenta a visitar a mostra fotográfica e material que baixo o título “A Muller ao longo do tempo no concello da Cañiza” se expón no Salón de Plenos da Casa Consistorial ata o día 14 de agosto.
Dende onte, 10 de agosto e ata o vindeiro 31 de agosto, un funcionario do Servizo de Atención Primaria da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, atenderá á veciñanza pata que poidan solicitar e obter o Certificado COVID e para que poidan darse de alta na Chave365, un sistema que permite aos cidadáns maiores de idade e aos/ás menores emancipados/as identificarse e asinar documentos na sede electrónica da Xunta de Galicia sen necesidade de usar certificados dixitais nin DNI electrónico.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.