Nos capítulos que vimos recollendo nesta sección sobre peregrinos xacobeos que deixan referencía á cidade de Tui nos seus relatos ou diarios nos que...
Unha das mais citadas peregrinacións polo Camiño Portugués é a relatada polo crego italiano, Giovanni Battista Confalonieri, que realiza no ano 1594. O seu...
Continuamos a relación de relatos de peregrinación coa que realiza, Erich Lassota de Stevolovo (ou Von Steblau), nobre polaco ao servizo de Felipe II, cando ocupaba os tronos de España e Portugal. Erich Lassota von Steblau é natural de Bleischwitz (localidade da Alta Silesia hoxe integrada en Polonia) onde nace na década de 1550.
Á segunda metade do século XVI corresponde outro relato, entre a viaxe e a peregrinación, da autoría de Bartholomé de Villalba y Estaña, un escritor español de Jérica (Valencia) coñecido por publicar un libro de viaxes, en 1577, titulado: El Pelegrino curioso y Grandezas de España. O libro estivo descoñecido ata a súa edición en 1885 por Pascual de Gayangos.
En 1537 o humanista, gramático e viaxeiro flamenco Nicolás Clenardo (1493-1542), preceptor dos infantes portugueses, con gran influencia intelectual no Portugal do XVI, achégase ata Santiago. Mediante diversas cartas narra a súa viaxe dende Evora a Braga e dende alí a súa peregrinación ata Compostela; na ida realizou o camiño por Ponte de Lima e Tui, namentres que ao regreso tras cruzar o rio Miño na barca de Tui, regresou a Ponte de Lima pero dende alí visitou Viana do Castelo para retornar ao interior por Barcelos.
No percorrido que vimos realizando pola literatura odepórica relacionada co paso de peregrinos e viaxeiros polo territorio tudense achegámonos hoxe ao ano 1533 en que conservamos o relato de Frei Claude de Bronseval. Era secretario do abade do mosteiro de Clairvaux, Edme de Salieu.
Continuado este relato cronolóxico nos achegamos agora a outra das máis afamadas peregrinacións polo Camiño Portugués como foi a realizada no ano 1502 polo...
Nos relatos que vimos recollendo nesta serie sobre a literatura odepórica que conservamos dos peregrinos que pasaron polo cidade de Tui no seu camiñar cara Santiago de Compostela, n ano 1484 achegase outro nobre que nos deixa o seu relato. O polaco Nicolaus von Popplau ou Poielovo ou mesmo Popielovo, de Silesia, pertence a unha nobre familia polaca xermanizada; á morte do seu pai comezou unha longa viaxe o 2 de febreiro de 1483 coa intención de percorrer Europa de torneo en torneo.
Será a partir do século XV cando conservamos xa relatos propios da literatura odepórica que posibilitan un achegamento máis preciso aos itinerarios dos peregrinos do Camiño Portugués e, en numerosas oportunidades, textos sobre a pasaxe ou estadía no territorio tudense.
Na anterior entrega desta serie apuntabamos a estreita relación que se establece entre a monarquía lusitana, dende os seus inicios, coa devoción xacobea....
Recibe o nome de literatura odepórica a que recolle as crónicas de viaxe, as lembranzas de feitos e de experiencias persoais xunto con datos xeográficos, históricos ou paisaxísticos relacionados con esta viaxe. Esta fonte documental ou cronística é un dos xéneros literarios máis significativo da peregrinación xacobea. Son abondosos os exemplos deste tipo de publicacións que recollen o relatos de viaxes e peregrinacións que percorren o Camiño Portugués e que de seguido recollemos sen afán de exhaustividade.
A presenza de peregrinos xacobeos no territorio tudense está documentada, ao longo dos séculos, en numerosos exemplos da chamada literatura odepórica. Con esta denominación, baseada nun término grego, referímonos á literatura que trata dos acontecementos, vivencias e noticias de todo tipo vividas durante unha viaxe.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.