Luns, 21 Xullo de 2025

Nigrán celebrará as festas do Bo Xesús de Priegue

0

O Concello de Nigrán organiza, xunto cun grupo de rapaces novos do municipio, a celebración das festas do Bo Xesús de Priegue, do venres 1 de setembro ao domingo 3, achegando 5.000 € a través da iniciativa ‘Música nas Parroquias’. Este programa municipal finánciase con fondos propios e unha aportación a través da liña 2 do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra e conta cun orzamento total de 60.000 € que se distribúen entre todas as festas patronais de Nigrán, ben para contratar bandas de música ou orquestras.

A festa do Bo Xesús, a única do municipio que non conta con Comisión de festas, arranca no Torreiro de festas o venres 1 de setembro gracias a proposta dun grupo de xóvenes músicos, a maioría de Nigrán, como PVLEE, El FFF, La Huerita, Marco Tiedra, Rafita, Ganxx, Anxo Silva ou Beauty Pikete. O sábado dous será a Orquesta Alabama a que centrará a víspera e a noite do Bon Xesús e o domingo día 3 procesión e concerto coa Banda de Música de Belesar.

“Volvemos a colaborar coas entidades festeiras e veciñais para garantir a pervivencia das festas tradicionais de Nigrán porque son os verdadeiros días de celebración conxunta da veciñanza e de ledicia en cada parroquia”, resume o alcalde, Juan González.

O programa municipal ‘Música nas Parroquias’ colaborou xa coas festas do Santísimo Cristo da Victoria en Chandebrito, San Antonio dfe Vilariño, San Xoan de Panxón, San Pedro da Ramallosa, Santiago de Parada, Carme de Lourido, A Saúde de Parada, San Fiz de Nigrán, Virxe das Angustias, San Roque de Camos e, finalmente, no Bo Xesús de Priegue.

A campaña “Galicia sabe aMar” ten unha parada hoxe en Oia

0

A campaña “Galicia sabe aMar” chega a Oia hoxe mércores, 30 de agosto, coas súas propostas gastronómicas, que teñen o obxectivo de promocionar o produto  galego da terra e do mar. Dentro desta iniciativa, un foodtruck estacionado no entorno da Praza Centinela (O Arrabal, Santa María de Oia) ofrecerá varias opcións de petiscos nos que o produto galego certificado é o protagonista.

Esta unidade móbil estará operativa cun horario de 12.00 a 15.00 horas e de 18.00 a 21.00 horas, aproximadamente, co obxectivo de que o público poda achegarse e degustar as diferentes propostas gastronómicas.

A través da retranca galega e os dobres sentidos, a campaña “Galicia sabe amar” quere animar á cidadanía a consumir produtos do mar, impulsar a súa venda e poñer en valor o labor dos profesionais da pesca e do marisqueo.

Neste verán a iniciativa sóbese ás catro rodas a través de catro foodtrucks que levan o sabor das rías galegas por máis de 250 municipios de toda España vinculados ao Camiño de Santiago. En cada parada os visitantes poderán degustar algún dos 10 deseñados para esta campaña.

Mos continúa promovendo o programa Cóidate

0

Desde o ano 2020 o Concello de Mos desenvolve o programa Cóidate. Desde a súa posta en marcha decenas de persoas veñen incorporando hábitos saudables personalizados e titorizados por un coaching.

Trátase dunha iniciativa, ao igual que o programa Exercítate para maiores, promovida pola concellería de Política Social que dirixe a edil Sara Cebreiro. Se ben, este programa a diferencia do Cóidate non vai dirixida a persoas maiores senón de todas as idades, pero con actividades personalizadas adaptadas ao ritmo persoal de cada un e dirixidas pola monitora.

Como se aproxima o remate da tempada estival e o inicio do novo curso, desde a administración local promociónase esta iniciativa municipal e infórmase de que quedan prazas libres para que os interesados poidan participar neste programa Cóidate – un Coaching para ti.

O obxetivo principal do mesmo é o de facer deporte, controlar o peso, reducir os riscos na saúde, fortalecer os ósos e músculos, mellorar a habilidade para facer actividades diarias e previr caídas, aumentar as posibilidades de vivir unha vida máis saudable, etc.

As sesións impártense os luns e mércores de 10 h a 11 h no Pavillón Patricia Martínez (Castro-Mos) e constitúen un xeito ideal de manterse en forma e incorporar de maneira moi doada ao día a día hábitos de vida saudables.

Para obter máis información sobre este programa pódese contactar telefónicamente co Multiusos das Pozas no número: 986 33 94 04.

Ponteareas presenta o programa das festas de setembro

A alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, presentou o cartel das festas de setembro, A Nosa Señora dos Remedios e San Miguel. O programa, que aínda ten citas por pechar, abrangue actos para todas as idades, nenos, adultos e familias, e de índole diversa para todos os gustos polo que se celebrarán eventos culturais, deportivos, lúdicos e musicais do 1 de setembro ao 1 de outubro.

Algúns dos exemplos máis destacados son o concerto Gala Lírica de Zarzuela “Soutullo na Ialma”, a XV Feira Tradicional dos Remedios, o LV Concurso  Rexional de Gaitas do País, que rende homenaxe a Antonio Cabaleiro, ou a actuación Camiñantes e Cantantes presentada por Manuel Manquiña e Pepo Suevos.

A oferta deportiva comezará o venres, día 1 de setembro, co XIV Torneo de Tenis, ao que seguirán xornadas de bádminton, carreira pedestre, ciclismo, xadrez, fútbol, petanca e hóckey.

Ademais das habituais noites de verbena, haberá visitas guiadas polo casco vello de Ponteareas, o cemiterio ou o castro de Troña así como obradoiros infantís de cociña, artesanía ou xogos tradicionais.

Unha ampla oferta de actividades co obxectivo de ofrecer aos veciños e veciñas unha forma de reunión, diversión e entretemento.

En total, máis de 50 actividades repartidas ao longo dun mes, nas que o ocio e desfrute serán os grandes protagonistas.

O goberno de Redondela visita Carballo para coñecer a súa experiencia en compostaxe

0

Unha delegación do Concello de Redondela encabezada pola concelleira de Sanidade e Medio Ambiente, Persoas Maiores e Infancia, Pilar Martínez, e o concelleiro de Infraestruturas e Sostibilidade, Roberto Villar, visitou a semana pasada o concello de Carballo para aprender da súa experiencia na xestión dos residuos orgánicos e na compostaxe. Martínez e Villar mantiveron unha xuntanza co alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Obras, Luis Lamas, na que tamén participaron técnicos vinculados aos servizos municipais de xestión dos residuos, que lles explicaron as liñas básicas do traballo que vén desenvolvendo o Concello de Carballo nesta materia, na que é un referente dentro e fóra de Galicia. Tamén recibiron toda a información sobre os aspectos administrativos e o funcionamento do servizo, sobre todo no que se refire ao programa de compostaxe na zona rural e á experiencia urbana “Ti tes a chave”.

Martínez e Villar valoraron de xeito moi positivo esta visita, xa que a Lei de Residuos e Solos Contaminados obriga a todos os concellos a ter implantada a recollida selectiva de residuos orgánicosno no ano 2024 e Redondela está a traballar “no mellor xeito de poñelo en marcha”. Villar afirma que “o modelo de xestión de residuos orgánicos de Carballo sería o ideal para implantar en Redondela dadas as necesidades do noso municipio”. Pilar Martínez coincide en que o modelo da localidade coruñesa é o axeitado para trasladar a Redondela “xa que leva tempo funcionando e cos bos resultados”. Para a edil responsable de Saúde e Medio Ambiente a posta en marcha do quinto colector suporá unha mellora “non só na xestión dos residuos, senón tamén na saúde e na calidade de vida dos veciños tanto no rural como nas zonas urbanas”.

O goberno local de Redondela agradeceu “a amabilidade e boa diposición do Concello de Carballo” á hora de explicarlles a xestión e funcionamento do seu sistema de recollida de biorresiduos domésticos. Desde o Concello redondelán entregaron ao Concello de Carballo un agasallo institucional para a súa biblioteca pública que consistiu en tres libros: un volume que recolle sete cantigas de Martín Códax e a única que se conserva de Mendiño, editado polo Concello de Redondela, un libro sobre o cemiterio dos Eidos e unha edición de banda deseñada sobre a Batalla de Rande.

As festas do Alivio de Tomiño enchen de actividades culturais o final do verán

0

As festas da Virxe do Alivio de Tomiño arrancan este 4 de setembro e prolongaranse ata o día 9 cunha programación cultural dirixida a todos os públicos, con propostas de contacontos, circo, teatro e espectáculos musicais. A Praza do Seixo será o escenario de todas as actividades, que serán de acceso libre e de balde.  

“O Alivio é o broche de ouro da nosa programación de verán, a antesala do inicio escolar e académico para a nosa cativada e mocidade e é o motor de arranque dos inicios que tamén teñen que ver cos novos proxectos”, como indicou a alcaldesa, Sandra González, que convidou á veciñanza a gozar das festas grandes de Tomiño e dunha programación inclusiva, pensada para o desfrute das familias.

A semana festiva comezará o vindeiro luns 4 de setembro ás 19.00 horas coa proposta da compañía Asacocirco, que presentará un espectáculo circense no que compartirán protagonismo o humor e as acrobacias da man de dous clowns que garanten risas, emocións e sorpresas a esgalla. 

O martes 5 de setembro, tamén ás 19.00 horas, será a quenda de Trémola Teatro e a súa “A gran aventura dos animais”. A gata Emilia contará as súas aventuras desde o día no que, farta de estar metida na casa, decide viaxar arredor do mundo. 

De viaxes falará tamén “A Ramona pequena vai á lúa”, unha historia que forma parte do libro-disco “Pequena Ramona” de Pakolas, e que encherá de música a Praza do Seixo o mércores 6 de setembro, de novo ás 19.00 horas. 

O último espectáculo para público familiar será “Canto conto” de Brais Iriarte. Un espectáculo participativo e didáctico que fará un repaso desde a música académica á música actual, pasando polo blues, o jazz e o rock. Diferentes estilos musicais de diferentes épocas nas que o público será convidado a cantar e a bailar. 

Como ven sendo habitual, a programación cultural das festas culminará co Acto Cívico do Alivio, no que se homenaxeará a unha persoa vencellada á historia de Tomiño e no que tamén participará a Agrupación Musical de Goián. O acto celebrarase o 9 de setembro ás 21.00 horas na Praza Do Seixo. 

Con estas actividades culturais, o Concello de Tomiño pon o broche a unha programación cultural de verán que contou con más de 35 actividades culturais e artísticas que percorreron diferentes prazas e espazos do Concello, ofrecendo unha programación diversa e para os diferentes públicos. 

Sandra González afirmou que “estas son unhas festas referentes para a veciñanza tomiñesa de todas e cada unha das parroquias, pero tamén para as persoas que nos visitan”. Ademais expresou o seu agradecemento a todas as persoas que traballan na organización destas festas, sinalando que “no empeño por coidalas está a Comisión de Festas, encabezada por Manuel Álvarez, un grupo de homes e mulleres que definen perfectamente o que é o compromiso público e a dedicación a prol dos demais, que traballan arreo e de xeito altruísta durante todo o ano para o noso desfrute colectivo”.

Salvaterra triunfa no Cantabria o TOP TTR solares de bádminton

A pasada fin de semana celebrouse en Cantabria o TOP TTR solares de bádminton en distintas categorías, onde catro nenos salvaterrenses volveron destacar facendo unha brillante competición.

As irmás, Eva e Inés Lemos, acadaron a prata feminina en dobres sub-13, sendo Inés a terceira no individual e Eva a quinta. Se xa de por sí ten mérito, o ten aínda máis xa que ambas participaban en categorías superiores.

No caso de Pablo e Alba Fernández, tamén irmáns, chama a atención a precocidade deste neno, xa que logrou sendo sub 9, un segundo posto en dobres masculino formando parella con Álvaro Gómez, ademais dun bronce no Individual sub 11.

No caso de Alba, se ben é certo que non puido pasar da fase de grupos no apartado individual, acadou un 4º posto no Dobres Mixtos xunto a Gabriel Isorna, que lle da moito mérito a súa actuación.

Novo aparcamento no casco urbano do Porriño

O Porriño suma preto dun cento de novas prazas de estacionamento gratuíto no casco urbano. No último ano e medio, dende o Concello estase a xestionar a consecución de diversas parcelas, mediante a sinatura de convenios cos seus propietarios, co fin de habilitalas como aparcamento público de vehículos. Terreos todos eles situados en lugares estratéxicos, en diferentes puntos de acceso á vila ou incluso céntricos como é o último caso.

Trátase de dúas parcelas que suman unha superficie aproximada duns 2.000 metros cadrados situadas en paralelo á vía do tren, próximas ao paso a nivel, con acceso dende as rúas Avelino Villasuso e Foz. “Coa apertura deste novo aparcamento damos resposta ao comercio da zona peonil e sobre todo tamén á praza de abastos ”, subliña o alcalde Alejandro Lorenzo. Xunto co habilitado na rúa Progreso, este é o máis preto ao mercado, situándose a uns escasos 200 metros, apenas un par de minutos a pé.

Estes días estase a levar a cabo a posta a punto dos terreos con labores de desbroce e limpeza, aproveitando que están tamén en activo as obras de humanización e mellora das rúas Bos Aires e Progreso.

Con este novo cento de prazas novas son xa máis dun milleiro as dispoñibles na vila, distribuídas en varias parcelas que se localizan en tres zonas. Ao norte, próximas á autovía A-52 e á N-120, habilitáronse dúas que dan servizo a toda esta área onde se sitúan dous colexios, un instituto e preto tamén do centro de saúde, xulgados e escola infantil. Na parte sur da vila disponse de catro parcelas na rúa Leandro Diz. E no acceso próximo á autovía A-55 e ao nó coa PO-331 están este da rúa Avelino Villasuso e o da rúa Progreso, o máis grande, de máis de 14.000 metros cadrados.

“O problema de aparcamento que había no Porriño prexudicaba gravemente ao tecido comercial e hostaleiro e tamén á veciñanza, que cando quería vir ao casco urbano atopábase sempre con dificultades para aparcar”, explica o alcalde, Alejandro Lorenzo. Con todos estes novos espazos, acondicionados para o estacionamento de vehículos, erradícase o problema, facilitando así á cidadanía o seu desprazamento ao centro da vila, o que á vez beneficia tamén ao comercio, hostalería e a todos os negocios da localidade.

Éxito do Campionato Galego de Pumptrack en Mondariz

0
Este sábado disputouse en Mondariz o Campionato Galego de Pumptrack, nun circuíto asfaltado e construído hai 2 anos, onde toda a semana foi un non parar de riders adestrando para o Campionato.
Aínda que todo o complexo atópase en obras para albergar o futuro Complexo de Deportes Urbanos de Mondariz, o Club Pontebike Team e Sportskids conseguiron que as obras non afectasen á proba e preparar a mesma como sempre fan, ao máximo detalle.
A climatoloxía non acompañou, xa que a punto estivo de anularse a proba polas choivas, pero grazas á boa organización e a todos os clubs, participantes, Ambulancia, Protección Civil, #etc a proba conseguiu saír adiante e desde logo foi un autentico espectáculo.
O rider Sergio Veiga, na categoría Sub23 conseguía facer o circuíto en nada menos que 15´34seg, deixando a toda os espectadores coa boca aberta.
Ao finalizar entregáronse as camisetas de campións galegos de pumptrack a todas as categorías participantes, así como agasallos para todos os que subiron ao alto do podium.

Os mellores tempos marcáronos:

Masculino

  1. Sergio Veiga
  2. Xoel Pereira
  3. Iván García

Feminino

  1. Alba Fernández
  2. Ainoa Pousada
  3. Gemma Chapela

Adxudicadas as obras de pavimentación de camiños municipais en Barcia de Mera e Paraños

0

O Concello de Covelo informa que vén de adxudicar as obras de pavimentación de camiños municipais nas parroquias de Barcia de Mera e Paraños. Co obxecto de mellorar a calidade de vida da veciñanza e apoiar o traballo dos negocios locais executaranse obras na pista entre Mera e o albergue Alentea e no camiño Cotarel-As Medelas cun custo de 93.990 €.

No marco do Plan de Melloras de Camiños Municipais da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) realizaranse obras de limpeza, ensanche e asfaltado, entre outros traballos que mellorarán as actuais condicións de tránsito na pista das Veigas e Camiño das Rochas no lugar de Mera, que da servizo tamén ao albergue Alentea, e no camiño As Searas de Cotarel a Medelas, na parroquia de Paraños.

Na actualidade, ámbolos dous camiños presentan moitos baches e zona de rodadura en formigón ou terra, inexistencia de cunetas en moitos tramos e pasos estreitos que dificultan o tránsito dos vehículos.

O Rosal organiza cursos para cultivar corpo e mente

0

No mes de setembro comezan diferentes cursos no concello do Rosal, dirixidos a público adulto e organizados por diferentes entidades do municipio.

A Agrupación Musical do Rosal pon en marcha un Obradoiro de Memoria, que comezará o luns, 4 de setembro. Nel traballaranse a atención, orientación, calculo, razoamento, linguaxe e moito máis. Terá lugar no Local Fundación O Rosal cada luns, de 16 a 17 horas. O prezo é de 20 euros ao mes, e hai que ser socio da Agrupación Musical do Rosal para poder asistir. O curso será impartido por AGA Formación.

A Agrupación Musical do Rosal tamén é a promotora do Curso de Alfabetización Dixital, en colaboración coa Deputación de Pontevedra. Unha actividade na que as  e os participantes aprenderán a manexar internet, o correo electrónico, tramitacións electrónicas, o teléfono intelixente e moito máis. O curso é gratuíto e as inscricións están abertas nos teléfonos 986 62 63 11 e 609 86 67 92 ou no correo electrónico [email protected].

En canto á actividade física, a Asociación de Persoas Maiores do Rosal organiza clases de zumba no Centro Social Polivalente, cada mércores e venres, de 10 a 11 horas. O curso comeza en setembro, e é posible inscribirse ou solicitar máis información no teléfono 646 63 39 58.

Para quen prefira a ximnasia de mantemento, será posible asistir a clases do 4 de setembro ao 18 de decembro, cada luns e venres de 18.30 a 19.30 horas no Local da Fundación O Rosal. O curso, dirixido a maiores de 50 anos e promovido pola Agrupación Musical do Rosal coa colaboración da Deputación, ten un prezo de 7 euros. Todas as persoas interesadas en asistir poden inscribirse nos teléfonos 986 62 63 11  ou 609 866 792.

Mos celebrou a súa 33 edición da Festa dos Maiores congregando a un total de 800 persoas

0

Onte celebrouse a tradicional Festa dos Maiores do Concello de Mos que nesta súa trixésimo terceira edición homenaxeou a 47 matrimonios mosenses que neste 2023 celebran as súas Vodas de Ouro.

Contouse cunha afluencia de 800 persoas que se congregaron en Costoias para homenaxear aos seus maiores e ao amor que se profesan os matrimonios mosenses que levan medio século xuntos, nunha festa que a rexedora local mosense, Nidia Arévalo, e a concelleira de Participación Cidadá, Julia Loureiro, definen como “a máis entrañable de todas as que temos en Mos”.

Os matrimonios que foron homenaxeados en Costoias, parroquia de Tameiga, eran parellas, das dez parroquias mosenses, que cumpren ou cumpriron os 50 anos de casados. 10 matrimonios son da parroquia de Tameiga, 5 de Sanguiñeda e 5 de Torroso, 4 da parroquia de Cela, 4 de Dornelas, 4 de Guizán, 4 de Louredo, 4 de Mos, 4 de Petelos e 3 de Pereiras.

Esta emblemática festa concíbese desde a administración local mosense como parte do programa destinado aos maiores, coa finalidade de impulsar a participación social activa e a integración deste colectivo de idade na comunidade, así como lograr a participación en distintas actividades creativas e lúdicas.

A xornada de onte domingo 27 de agosto desenvolveuse contando cunha serie de actos celebrados a partires das 12:00h con Misa cantada polo Grupo de Canto Popular Nosa Terra de Pereiras, seguida ás 13:00h da actuación da Charanga Sacacorchos, a partir das 14:00h comezou o xantar, a cargo do Concello para os matrimonios homenaxeados. E a partir das 16:00h homenaxe aos matrimonios e actuación a cargo do grupo ‘3.com’.

O Concello de Nigrán pinta as aulas da Escola Galiña Azul e do Colexio Carlos Casares

0

O Concello de Nigrán remata o pintado das aulas da Escola Infantil Galiña Azul para ter preparado o centro educativo de cara ao novo curso, e en esta mesma semana contiuarán pintando o colexio Carlos Casares de Vilariño por un importe total de 10.000 €.

Mentres tanto os obreiros municipales están rematando a remodelación e pintado tanto das aulas como de ximnasio dos Colexios de Mallón, Humberto Juanes e Escola Infantil Dunas de Gaifar.

“Aproveitamos o verán para realizar as obras nos diferentes colexios e iniciar os cursos cos centros educativos preparados” indica o alcalde.

En este curso 2023/24 os centros educativos de Nigrán verán xa  mellorado o servizo de comedor e cátering cun cambio substancial en todos os aspectos: calidade, cantidade e adecuación nutricional, e cremos que a cociña do CEIP Humberto Juanes, na que o Concello invertiu 373.000 €, pode humanizar un servizo que estaba deshumanizado e que agora pode incluir platos que nin se podían polo transporte (100 km) e o horario no que se ten que cociñar para que chegue a tempo ao centro”, sintetiza o rexedor.

Entre tanto o concello está pendiente das autorizaciones autómicas para iniciar as obras dos Bosques Escola dos Colexios de A Cruz en Camos e Carlos Casares de Vilariño nos que se invertirán mais de 250.000 €.

O CEIP Xosé Fernández López estrena curso con comedor

Anunciárase fai uns meses e xa é unha realidade. O CEIP Xosé Fernández López ofrecerá neste curso que está a piques de comezar o servizo de comedor escolar. O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, fixo unha visita ás obras que se están a levar a cabo no centro, agora durante o verán, para deixar todo a punto nun par de semanas cando o alumnado volva ás aulas.

O comedor sitúase na edificación que albergaba a vivenda do conserxe e estancias contiguas, que foron acondicionadas para tal fin. Os traballos consistiron na demolición de todos os tabiques que dividían as diferentes salas habilitando dous grandes espazos, un deles o comedor, con capacidade para 96 comensais que servirán menús en dúas quendas chegando a un total de 175 cubrindo así toda a demanda, e outro destinado a biblioteca. Colocouse novo falso teito, novo pavimento e nova carpintería interior e modificáronse as instalacións de electricidade e datos, para adaptalas á nova distribución. Todo elo para dar resposta a unha das principais demandas deste colexio, o único público do casco urbano e que conta con preto de 400 escolares repartidos nos tres cursos de educación infantil e os seis de primaria.

Dende o Concello destacan “a absoluta e total predisposición da Anpa A Oliveira colaborando en todo momento e a quen agradecemos o seu labor”, subliña o alcalde á vez que explica que serán ambas entidades as que se encarguen da xestión do servizo durante este primeiro trimestre de curso, ata que, previsiblemente no mes de xaneiro, se saque a licitación e o custo sexa xa asumido de maneira íntegra pola Xunta de Galicia.

“Era unha necesidade imperiosa que viñan demandado as familias dende hai moitos anos. Unha medida que, sumada á aula madruga posta en marcha xa o pasado curso, facilitará notablemente a conciliación”, explica Lorenzo.

O alcalde indica que, ao igual que actuacións como esta, se están a levar e se levarán a cabo en todos os centros educativos do Porriño, atendendo sempre as súas demandas. “Así, actualmente estanse realizando traballos de posta a punto dos diferentes colexios, escolas infantís e centro de día que en breve iniciarán novo curso e, a maiores, seguiremos poñendo en marcha diversas actuacións de melloras incluídas xa algunhas delas no novo orzamento, pendente unicamente da súa ratificación en pleno, o cal está previsto se celebre nas vindeiras semanas”.

Nesta actuación no CEIP Xosé Fernández López incluíuse tamén a retirada dun depósito de combustible que se situaba próximo a onde está agora o comedor, trasladándoo a outra zona máis segura, e a substitución do valado na zona traseira do recinto, xa que o anterior se atopaba en moi mal estado e supoñía un risco para o alumnado. A maiores tamén se levou a cabo a reparación da cuberta do pavillón deportivo, que presentaba problemas de illamento e xa está proxectada a creación dunha zona verde de xogo infantil. Melloras ás que hai que sumar, neste pasado curso, a instalación dunha pista multideporte, o acondicionamento do patio cuberto e a mellora dos vestiarios do ximnasio. O que supón unha inversión total de máis de 100.000 euros.

O piragüista Manu Garrido representará a España no Campionato Mundial en Dinamarca

0

Manu Garrido, o coñecido deportista tudense que asombrou ao mundo do piragüismo ao lograr a medalla de ouro no Campionato Mundial de C1 Maratón 2022, atópase preparado para forxar un novo e emocionante capítulo na súa carreira deportiva. O vindeiro martes Manu emprenderá a súa viaxe cara a Vexen, Dinamarca, coa honra de representar a España no prestixioso Campionato Mundial de Piragüismo 2023.

Con 34 anos de idade, o tudense Manu Garrido converteuse nunha verdadeira icona do deporte. O seu compromiso inquebrantable e a súa tenacidade levárono á cima do piragüismo mundial o ano pasado, cando se alzou co título de Campión Mundial nunha actuación espectacular, ademais de gañar o Campionato de Europa este pasado 15 de xullo.

As augas do río Miño foron testemuña das súas primeiras paladas e desde entón acompañaron a Manu en cada un dos seus adestramentos. Nelas ha perfeccionando a súa técnica e aumentado a súa resistencia para enfrontarse a cada un dos seus desafíos. A súa dedicación e paixón polo piragüismo son admirables e demostrou que non coñece límites cando se trata de perseguir os seus soños.

O vindeiro sábado día 2 de setembro terá lugar o seu novo desafío, 22 km separarano da meta, pero Manu Garrido está decidido a deixalo todo na auga. Despois meses de duro
adestramento diario, chega á cita co campionato mundial no seu mellor momento, tanto físico como mental, o que lle fai estar en disposición de revalidar o seu título e colocarse unha vez máis á cabeza do deporte mundial.

A Guarda afianza a compostaxe doméstica

0

A Guarda, que no seu momento se uniu o Plan de Compostaxe Revitaliza da Deputación de Pontevedra, leva xa varios anos formando e promocionando a compostaxe entre os seus veciños.

O complexo medioambiental de Cerceda, desta última vez doou o Concello da Guarda un total de 25 composteiros individuais, que se suman aos 50 que xa doara o ano pasado, conseguindo así que a vila Guardesa chegue a ter case seiscentos composteiros repartidos entre os veciños.

Dende o Concello quérese salientar a estupenda acollida que ten a compostaxe individual, xa que o pasado mércores 23 repartíronse no Centro Cultural da vila os tan demandados composteiros.

Nesta cita, a mestra composteira fixo unha pequena formación aos veciños para ensinarlles dende como se monta o composteiro ata que se debe botar ou onde é o lugar mais axeitado para telo.

A reunión de entrega dos composteiros acudiron tanto o Alcalde da Guarda, Roberto Carrero como a Concelleira de Medio Ambiente, Vanesa Alonso.

Hai que salientar que tratar os nosos residuos orgánicos a través da compostaxe ten innumerables beneficios tanto para o medio ambiente como para a vila xa que reduce os custos do servizo de lixo e limpeza ademais de reducir o número de contedores nas rúas, evitando así  numerosas problemáticas asociadas. 

A través deste tipo de xestión conseguimos transformar un residuo nun recurso moi valioso para o nos solo.

Homenaxe aos mariñeiros de Baiona no 501 aniverdario da primeira circunnavegación á terra

0

O Concello de Baiona renderá homenaxe a tres mariños de Baiona; Diego Carmona, Vasco Gallego e o seu fillo Vasquito, os cales formaron parte da expedición que completou a primeira circunnavegación á terra. Será a próxima fin de semana do 8, 9 e 10 de setembro de 2023, con motivo do 501 aniversario da devandita efeméride.

A Concellería de Cultura de Baiona, a cargo do concelleiro Policarpo Vilar Misa, está a preparar varias actividades para render un merecido recordo a estes tres mariños, a través dun ciclo de conferencias, un concerto e o descubrimento dunha placa conmemorativa.

Miguel Mon doa ao Museo da Ciencia e do Viño unha botella da adega familiar de 1887

O Museo da Ciencia do Viño en Salvaterra de Miño acaba de recibir unha importante doazón. Trátase dunha botella do ano 1887 “Chateau Teanes – Marca Mon” que pertencía á familia Mon e que provén da Quinta de Teanes en Oleiros. Miguel Mon é a quinta xeración da familia, a persoa que actualmente leva a finca, e que decidiu facer está valiosísima doazón para que unha peza con tanta historia formara parte do museo.

Actualmente, a Quinta de Teanes conserva a adega de orixe, a que crearon o bisavó e o avó de Miguel e que elaborou durante anos viño que chegaba a París, tal e como figura nos arquivos gardados. Nesa documentación que ten a familia tamén están os diarios detallados nos que descubrimos a alta producción que tiña a adega nos anos vinte elaborando ata 500 pipas de viño. A adega que durante anos exportaba o seu viño continuou a produción e vendendo ata o 1975 con Alejandro Mon ó fronte.

Porto do Molle contará cun hotel de 45 habitacións

0

O Concello de Nigrán disporá ao longo de 2023 dun hotel de 45 habitacións e de primeira categoría en Porto do Molle, o único nesta ubicación. Así, o Concello concedeu este verán a licencia a empresa de Nigrán Worpint S.L. para construír esta infraestrutura  de catro plantas sobre rasante nunha parcela de 3.048 m² na rúa das Pontes, ao carón do Centro de Negocios. Como servizos complementarios ofrecerá piscina, garaxe, restaurante e zonas verdes de esparexemento. 

“É unha moi boa nova para Nigrán gañar prazas hoteleiras porque existe unha clara necesidade ao respecto. Neste caso, hai gran demanda por parte dos negocios e, pola súa situación estratéxica, atraerá a moitos turistas”, defende o alcalde, Juan González, quen subliña que “nos últimos anos tamén se instalou o Val Convention no centro de Nigrán con gran éxito ante o tirón que ten a localidade desde o punto de vista turístico e empresarial”, proba delo é que a promotora é Worpint, firma do sector naval que ten a súa sede no parque empresarial Porto do Molle. “Nigrán gañará un servizo máis moi necesario para xerar riqueza en todo o municipio, porque significará visitantes que se quedan aquí e non noutra na localidade. O persoal que se despraza por negocios a Nigrán ou por turismo moitas veces ten que ir a outras localidades por non ter habitacións dispoñibles”, explica.

O proxecto dos arquitectos Rogelio Pérez e Antonio Ameijeiras plantexa un edificio aillado de catro plantas sobre rasante de 14 metros de altura e unha baixa onde se atoparía o garaxe con 41 prazas, unha zona para bicicletas e servizos privados como lavandaría, almacén ou cuarto de instalacións de aerotermia (enerxía renovable empregada para a climatización sostible). Pola súa banda, no primeiro andar ubícase o restaurante e o salón social, destinándose os tres outros andares ás habitacións (constando dunha suite con terraza en cada un). Na cuberta atópase a zona de piscina cun vaso de 33,5 m² e maquinaria. Na parcela, o 20 % (un total de 644 m²) destínase a zona verde.

“Nesta caso concreto, Porto do Molle é unha área comercial e empresarial situada nunha contorna privilexiada desde o punto de vista paisaxístico e urbanístico. É un referente en toda España en termos de sostibilidade ambiental, deseño urbano e modernidade, un lugar con atractivos como a senda peonil do río Muíños que finaliza en Praia América, polo que este hotel realmente dará servizo á viaxeiros vinculados ao parque e tamén a turistas que desexan gozar das vacacións en Nigrán”, considera o rexedor.

Tomiño habilita unha nova zona para autocaravanas no Seixo

0

O Concello de Tomiño dá un novo paso no turismo de autocaravana e inicia as obras da nova área no Seixo, tralo éxito da de Goián.  Esta nova zona de autocaravanas situarase no aparcadoiro fronte ao edificio da Policía Local e de Benestar Social, na Rocha.

O inicio da obra é inmediato e ten unha duración prevista dun mes. A empresa que levará a cabo o acondicionamento, Zona de Obras, prevé que estará rematado e en pleno funcionamento o próximo 1 de outubro. Esta nova área de aparcamento de autocaravanas no Seixo terá 6 prazas e os mesmos servizos que a de Goián: baleirado de augas grises e fecais, abastecemento de auga e iluminación, axardinamento e arborado de perímetro. A actuación para a habilitación desta área conta cun orzamento de 40.000 euros e está financiada polo Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

En palabras da alcaldesa de Tomiño, Sandra González, “o turismo de autocaravana é un modelo xa consolidado que facilita a chegada de visitantes a Tomiño, como podemos ver dende que inauguramos a área de Goián, que está a ter unha grande acollida.  Coas dúas áreas en activo seguiremos impulsando un turismo de calidade e que lle permite aos nosos visitantes ter a posibilidade de contemplar e deleitarse cos demais atractivos do noso municipio”. González alientou, ademais, que este turismo é “un activo para a nosa economía local e sitúa o concello de Tomiño como un destino coñecido e relevante nas rutas dos autocaravanistas”.

A área de autocaravanas de Goián leva todo o verán mantendo unha alta ocupación e colleita excelentes reseñas entre os seus usuarios, que salientan a seguridade da zona, o fácil acceso e a boa localización, próxima a todos os servizos necesarios para a estadía na zona. Tras dous meses en funcionamento, esta área xa se converteu en toda unha referencia para as e os autocaravanistas que visitan o sur de Galicia. Trátase dunha zona de aparcadoiro situada na Avenida Pío Troncoso, preto da Escola de Música, con 8 prazas sinalizadas e que conta con todos os servizos necesarios. Inaugurouse o pasado 18 de xuño cun encontro promovido pola Asociación Galega de Autocaravanas que xuntou a arredor de 200 persoas.

Co acondicionamento destas dúas áreas de aparcamento de autocaravanas, o Concello de Tomiño procura a diversificación o turismo que se achega ao municipio, facilitando a chegada de máis visitantes que veñan a gozar de Tomiño e da súa contorna, e contribuíndo así á dinamización da economía local.

O Porriño recibe peregrinos de Italia que realizan o Camiño pola Costa polo autismo

Un grupo da Associazione Mulino Sambuy de Turín, Italia, chegaba pasadas as 14.00 horas deste sábado á Praza Arquitecto Antonio Palacios do Porriño logo de iniciar en Tui, a mañá do domingo, o Camiño Portugués a Santiago.

Foron recibidos polo alcalde, Alejandro Lorenzo, e concelleiros do equipo de goberno que os felicitaron pola iniciativa e os agasallaron con catro bolas de Pan do Porriño, desexándolles un bo Camiño.

A previsión é realizar a ruta xacobea en seis etapas, unha por día, dende o domingo ata o vindeiro xoves 31. Porriño é a fin da primeira, onde quedarán a xantar e a pasar a noite para mañá continuar a andaina.

A actividade enmárcase na iniciativa CamminAutismo e no percorrido van acompañados por axentes da Garda Civil que lles presta apoio para desenvolvemento da mesma ao abeiro do proxecto Camiñando xuntos polo autismo no Camiño de Santiago.

O alcalde da Cañiza recibe aos oficiais da brigada “Galicia VII”

0

O alcalde da Cañiza, Luis Piña, recibiu na Casa do Concello aos oficiais da brigada “Galicia VII” encargados do operativo “Centinela galego 2023” despregado na Cañiza para a defensa dos montes.

Trátase dunha operación de reforzo para loitar e previr os incendios forestais, posta en marcha o pasado 15 de agosto e activa ata o vindeiro 30 de setembro.

O xefe de zona, capitán Braulio Noel Fernández; o oficial de enlace teniente, Julio César Mata Reyes; e o soldado José Esteve Campello, da BRIGADA «GALICIA VII» de Pontevedra,  informaron ao Alcalde sobre esta Operación, que agora cumpre 17 anos e que permanecerá activa ata o 30 de setembro, co despregamento inicial de 30 patrullas terrestres nas zonas da Galicia con maior actividade incendiaria. Unha delas nas comarcas do Condado – Paradanta, cunha das sedes na Cañiza que integra todos os Concellos do Distrito XVII e o Concello de Melón, pertencente ao Distrito XI Ribeiro – Arenteiro.

Ademais das labores de vixiancia continua, os efectivos militares despregados están realizando unha importante acción de disuasión, visibilidade e identificación dos potenciais incendiarios. Tamén informarán á nosa poboación do perigo que supón a queima non controlada de rastroxos.

Na reunión, o rexedor agradeceu a “esencial labor que o Exército leva desenvolvendo nestes 17 anos na loita contra os incendios, corroborado polas estadísticas que marcan un importante descenso dos incendios nos nosos montes”. Luis Piña, un ano máis, transmitiulle aos oficiais “a vontade do consistorio de colaborar e traballar conxuntamente”.

Aberto o prazo de inscricións no Arealonga FS

0

O Arealonga FS, formará para esta tempada as seguintes categorías tanto masculinas como femininas: biberón (2018/2019), prebenxamín (2016/2017), benxamín (2014/2015), alevín (2012/2013), infantil (2010/2011), cadete (2008/2009), xuvenil (2005/2006/2007) e sénior (+2005).

Para formalizar a inscrición, os interesados poderán facelo presentándose no Pavillón Municipal de Chapela “Manuel González Soto” os martes e os venres en horario de 17:00 a 19:00 horas, ou ben a través do teléfono 662111339.

Os nenos correspondentes á categoría biberón, que se inscriban durante o mes de setembro desfrutarán todo o ano de xeito gratuíto. As prazas serán limitadas pero poderás probar, sen compromiso algún.

O Concello de Tomiño fai unha reforma integral na Escola Unitaria de Carregal

0

O Concello de Tomiño pon a punto as escolas antes do comezo do curso escolar. Así, durante o verán, efectuáronse traballos de reforma e mellora nas escolas de Carregal, Taborda, Figueiró e Amorín, ademais do mantemento básico que se efectúa en todos os centros escolares en época estival.

A Escola Unitaria de Carregal é o centro no que se realizaron as reformas máis significativas, que incluíron o cambio do pavimento, a instalación dunha nova tarima de madeira, a substitución do falso teito para mellorar o illamento, a limpeza da cuberta e arranxo do tellado, e o pintado da aula. Con estas actuacións, resólvense problemas de humidade que tiña o inmoble, ademais de mellorarse a eficiencia enerxética e mellorar o benestar do alumnado e profesorado que utiliza estas instalacións. As obras de reforma tiveron un custe global de case 15.000 euros.

Pola súa banda, as escolas de Figueiró, Amorín e Taborda tamén foron obxecto de obras. En todas elas se efectuou a limpeza de cubertas e o arranxo e substitución de rastreis de madeira e tellas. Ademais, no caso das instalacións de Taborda, foi efectuado un hidrofugado da fachada. As obras na escola de  Taborda ascenderon a case 12.000 euros, mentres que no caso de Amorín se investiron case 6.000 euros e en Figueiró as obras supuxeron un investimento de arredor de 3.500 euros. Todas estas obras son financiadas con fondos propios do Concello de Tomiño.

Estas actuacións foron consensuadas coa Dirección de cada un dos centros, e teñen o obxectivo de modernizar e acondicionar as instalacións das escolas unitarias, para mellorar o benestar do alumando, ademais de redundar nun significativo aforro enerxético.

A Deputación avanza na instalación de cunetas de seguridade na provincia

A Deputación de Pontevedra segue a avanzar nas obras de instalación de cunetas de seguridade na rede provincial de estradas. Como informou o vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, a Xunta de Goberno acordou a ampliación do prazo de execución destes traballos, nos que se invisten 1,9 millóns de euros en 2023. As obras derívanse, como destacou Domínguez, do acordo marco que aprobou a Deputación “para dotar as vías provinciais destes elementos de seguridade naqueles puntos nos que, polas súas circunstancias ou características, resulta imposible realizar sendas ou plataformas únicas”. O resultado “ofrece igualmente aos peóns unha seguridade e un itinerario cómodo”, engadiu.

A través deste acordo marco dividiuse a provincia en tres zonas (norte, centro e sur), e este ano estase a actuar nun total de 77 estradas en 54 concellos. O prazo para rematar as obras finalizaba en setembro e tralo acordo da Xunta de Goberno amplíase tres meses máis.

Na zona norte o investimento é de 665.000 €, e estase a actuar en 20 estradas que transcorren por Forcarei, Silleda, Lalín, Dozón, Rodeiro, Agolada, Vila de Cruces, A Estrada, Cerdedo-Cotobade, Caldas, Cuntis, Valga e Catoira.

No que se refire á zona centro, o investimento neste 2023 é de 740.000 € e estanse a instalar cunetas en 38 estradas que transcorren por Barro, Portas, Pontevedra, Ponte Caldelas, A Lama, Cerdedo-Cotobade, Poio, Cangas, Moaña, Marín, Bueu, Redondela, Caldas, Moraña, Campo Lameiro, Cuntis, Cambados, O Grove, Sanxenxo, Meaño, Meis, Ribadumia, Vilagarcía e Vilanova de Arousa.

Finalmente, na zona sur o orzamento é de 600.000 € e estase a intervir en 19 estradas provinciais que discorren por Nigrán, Baiona, Gondomar, O Porriño, Salceda, Mos, Tui, Tomiño, Oia, O Rosal, Ponteareas, As Neves, Mondariz, A Cañiza, Covelo, Arbo e Crecente.

A unidade móbil de doazóns de sangue estará instalada na Guarda o 31 de agosto e 1 de setembro

0

Este autobús estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro (ao carón do centro cultural) o xoves 31 en horario de 16:30h a 21:00h e o venres 1 en horario de 10:15 a 14:30 h e de 16:30 a 21:00 horas.

O Centro de Transfusión de Galicia, grazas ao emprego destas unidades móbiles intenta facilitar o solidario xesto de doar sangue a todos os cidadás. Sen a implicación de todos é imposible acadas as 500 doazóns de sangue que se precisan nos hospitais galegos.

Para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar espere 2 horas. Non esqueza traer a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar. Informe ao médico se está a tomar algún medicamento. É desexable solicitar cita para doar no telefono gratuíto 900 100 828.

Nigrán acollerá o primeiro trail feminino de relevos de España

0

O Concello de Nigrán fará Historia no deporte español o sábado 9 de setembro deste ano en Monteferro, cando se celebre por vez primeira un trail por relevos exclusivamente feminino. A proba, bautizada como ‘Asaltamontes Female’, tome o nome da devandita asociación, fundada a finais do ano pasado pola corredora profesional Aroa Sío (natural de Fragoselo, Vigo) e a súa amiga Arancha Pérez de Lis, co obxectivo de animar a máis mulleres a “botarse ao monte” porque elas seguen a ser unha clara minoría neste deporte. Esta carreira pioneira terá lugar durante toda a mañá en Monteferro en equipos de 4 mulleres e o prazo de inscrición está aberto a través dun formulario web en www.nigran.org ata o 3 de setembro ou ben ata acadar o máximo de 400 participantes.

“Non podemos esta máis orgullosos de facer Historia no deporte do noso país; sabemos que a partir desta proba de Nigrán virán moitas máis en puntos de toda a Península porque cundirá o exemplo”, explica o alcalde, Juan González, quen, de feito, agradece a Asaltamontes ter presentado este proxecto ao Concello de Nigrán.

A carreira é de prácticamente 3 km (percorrido circular) e será en equipos de 4 e por relevos, cunha duración de 5 horas de 9:00 a 14:00 horas. As categorías serán 5 (de ‘baby’ a ‘cañeras’), compostas pola suma de idades dos equipos. Esta deseñada así para, precisamente, favorecer a parte máis lúdica deste deporte e “enganchar” a todas aquelas mulleres que se animen por primeira vez. Ao finalizar haberá unha sesión vermú no propio miradoiro con concertos e, durante todo o día, estará instalado un ecomercado.

“A contorna é marabillosa, o desnivel pequeno e non é unha carreira moi técnica, o obxectivo é que precisamente sexa un trail sinxelo que axude a que as mulleres lle perdan o medo a correr”, explica Arancha, quen recoñece que cando comezou, con 39 anos, este deporte a salvou dunha depresión. “Correr é saúde mental e física, pero moitas veces as mulleres non se atreven a saír soas ao monte ou non ven o momento, ou están centradas nos coidados familiares, por iso creamos Asaltamontes, para animarnos entre todas a correr en grupo. Quen o proba non o deixa”, garante. Así, aínda que esta será a primeira carreira oficial que organizan, “as asaltamontes” son máis de 200 mulleres de toda a provincia (fundamentalmente Val Miñor e Vigo) que a través de whatsapp quedan para correr en lugares como Fragoselo, Saiáns, Coruxo, Redondela… Aínda que o grupo de idades é moi amplo (moitas acuden coas súas fillas) o común é que sexan mulleres de entre 30 e 50 anos que retoman esta afición da infancia ou adolescencia, como lle pasou á propia Aroa Sío (en cambio, Arancha non tiña practicado trail antes).

En Galicia, só o 10 % do total de participantes nas competicións de trails son mulleres. A celebración en Nigrán desta proba exclusivamente feminina agárdase que contribúa a aumentar esta porcentaxe, ese é o obxectivo final.

Covelo amplía a rede de abastecemento de auga potable

0

O Concello de Covelo continúa traballando na mellora dos servizos básicos e vén de ampliar a rede de abastecemento de auga potable dos barrios de As Pereiras e Vilanova, nas parroquias de Casteláns e de Barcia de Mera respectivamente.

Executadas con fondos propios, estas obras solucionaron o problema de abastecemento de auga existente e permitiron mellorar a rede que xa estaba obsoleta. Unha nova instalación que dá servizo a dez fogares máis e que garante un subministro óptimo. A ampliación da rede permitirá dotar de abastecemento de auga principalmente ao lugar de Vilanova que experimentou un incremento de poboación pola incorporación de novos/as residentes e que non dispoñia de abastecemento de auga municipal

O alcalde, Pablo Castillo, explica que cada ano se fai un importante esforzo en mellorar as traídas de auga, realizar controis e mantemento das xa renovadas e dar apoio ás traídas veciñais.

O vindeiro 2 de setembro celébrase o XXV Trofeo do Rosal de balonmán

0

O XXV Trofeo do Rosal de balonmán celébrase o próximo 2 de setembro a ritmo de guateque. Dous eventos conxuntos, deportivo e festivo, que encherán O Rosal de deporte, entretemento e gastronomía nunha xornada de celebración. 

Así, o 2 de setembro a partir das 18 horas terá lugar no Pavillón Municipal o Trofeo Concello do Rosal, cun partido entre os equipos de balonmán Valinox Novás e Frigoríficos Cangas. Será un encontro único a tan só unha semana do inicio da liga División de Honra Prata Masculina. Despois deste partido, ás 19.45 horas, será o turno do partido entre lendas, cos amigos de Javi Díaz vs os amigos de Víctor Armán.

Despois do partido, ás 21 horas dará comezo a presentación de todas as categorías na Praza do Calvario. E xa a partir das 22 horas  a celebración continuará co  Guateque do Valinox Novás, tamén na Praza do Calvario. Ás 22 horas ofrecerase música en vivo co grupo de música Nacional 81, e a partir da medianoite será a quenda dos DJs Anxo Silva e Adrián Mesu, que estenderán a festa ata a madrugada. Ademais da música, haberá unha proposta gastronómica con foodtrucks e cócteles

Na presentación do evento, celebrada no Concello, interviron a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, o concelleiro de Deportes, José Carlos Martínez, e por parte do Valinox Novás o presidente, Andrés Senra, un membro da directiva, Rogelio Diego e o Director Deportivo, César Armán. Todos eles convidaron á veciñanza do Rosal a participar nesta celebración deportiva e musical tan especial.

A Cañiza e Tomiño contarán con iluminación sostible

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de dar conta da concesión de máis dun millón de euros procedentes de fondos europeos para financiar a renovación de instalacións de iluminación exterior sostible en dez concellos da provincia, que contan cun orzamento total de preto de 1,2 millóns de euros. Deste xeito, como explicou o vicepresidente, Rafa Domínguez, a institución provincial obtivo estes fondos europeos do programa DUS-5000 a través do IDAE (Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía), o que supón o 85 % do orzamento.

Rafa Domínguez destacou a importancia destes proxectos polo seu investimento “e porque permiten afondar no aforro enerxético, algo tan importante nesta sociedade”. Beneficiaranse os concellos da Cañiza, Cerdedo-Cotobade, Cuntis, Dozón, Fornelos de Montes, Pontecesures, Ribadumia, Rodeiro, Silleda e Tomiño, nos que se substituirán máis de 1.600 puntos de luz por novas luminarias con tecnoloxía LED de última xeración e alta eficiencia, conseguindo un aforro enerxético de arredor do 40 %.

O vicepresidente provincial sinalou que grazas a este proxecto da Deputación de Pontevedra conseguirase “un importantísimo aforro enerxético que reducirá as emisións e tamén aforrará moitos cartos aos concellos”.

Ademais, en sete destes concellos (Cerdedo-Cotobade, Dozón, Fornelos de Montes, Pontecesures, Ribadumia, Silleda e Tomiño) reformaranse 41 cadros de mando para adaptalos á normativa actual. A Deputación instalará neles un sistema de telexestión que permitirá obter e xestionar información detallada sobre consumos, mantemento e fluxos luminosos.

Citas para a renovación do DNI na Guarda para o mes de setembro

0

O vindeiro martes, día 29 de agosto de 2023, xa se poderán solicitar as citas para a visita das unidades móbiles no concello para a renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI) correspondente ao mes de setembro de 2023.

A apertura do prazo para a solicitude de novas citas en setembro ofertadas pola unidade móbil do Corpo Nacional de Policía de Vigo comezarán o martes día 29 de agosto de xeito preferentemente telefónico no 986610000 de 9:00 h a 14:00 h ou presencialmente na Casa dos Alonsos.

A Unidade Móbil desprazarase á Guarda o 8 de setembro e a recollida de documentos terá lugar o 13 de setembro.

Ata entón, aquelas persoas que de xeito urxente necesiten realizar a renovación do seu DNI, poderán acudir ás oficinas de expedición de Tui (na rúa Párroco Rodríguez Vázquez, 3) ou Vigo (rúa Álvaro Cunqueiro, 6) previa solicitude de cita no teléfono 060 ou ben a través da páxina web www.citapreviadni.es.

A Xunta elimina un tramo de concentracion de accidentes na PO-403 en Ponteareas

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de rematar as obras de eliminación dun treito de concentración de accidentes na estrada PO-403 en Ponteareas, cun investimento de máis de 575.000 €.

As actuacións de mellora de seguridade desenvolvéronse nun tramo de 1,6 quilómetros de lonxitude, desde o punto quilométrico 8+600, despois do enlace coa autovía das Rías Baixas, a A-52, e o final da travesía de Angoares, no punto quilométrico 10+200.

Os traballos consistiron na reordenación das interseccións con maior accidentalidade, mediante a execución de cuñas de desaceleración ou aceleración, que faciliten os movementos de saída e incorporación á estrada para evitar a probabilidade de alcance e incrementar a visibilidade.

Tamén se dispuxeron puntos específicos para realizar os xiros á esquerda e cambios de sentido con suficiente visibilidade.

Ademais a intervención contemplou a incorporación dunha nova glorieta no punto quilométrico 9+900 da vía, atendendo así á solicitude dos veciños.

Esta rotonda permite a realización de certos xiros por parte dos usuarios con maior facilidade e ademais serve como medida para o calmado do tráfico nunha travesía moi transitada.

Este proxecto enmárcase na Estratexia para a eliminación dos treitos de concentración de accidentes na rede viaria autonómica que vén desenvolvendo a Xunta nos últimos anos.

O Concello de Nigrán colabora coa andaina ‘Camiño do terror’

0

O Concello de Nigrán colabora un ano máis coa andaina do ‘Camiño do terror’ que organiza a asociación Parada do Miñor e que terá lugar a noite de hoxe venres e do sábado (25 e 26 de agosto) en Montecastelo. A actividade, con 1.200 persoas inscritas en total, se desenvolverá grazas ao traballo de 80 voluntarios. Previamente, os 3 km de percorrido foron convintemente adaptados e desbrozados polo Concello de Nigrán, que tamén instalou a iluminación requirida desde a organización.

Nesta séptima edición disporanse 14 zonas de terror ou de actuación ao longo da andaina, actividade que se realizará en grupos de 30 persoas guiadas por un monitor e saíndo en intervalos de 15 minutos. Haberá chocolatada para todos os asistentes e unha cantina, ademais de DJ que estará amenizando a noite.

O Concello de Tui fai un chamamento á responsabilidade para manter Tui limpo

0

O Concello de Tui considera que a actual temporada turística está sendo exitosa para a hostalería tudense. O gran número de visitantes que recibe a cidade fai que moitos negocios multipliquen por tres ou por catro a súa actividade nestes meses de verán. Este feito incide positivamente na economía global do concello.

Este bo comportamento do turismo ten que vir acompañado dun esforzo por parte de todos, administración, veciñanza e establecementos hostaleiros e de restauración, para dar unha imaxe dun Tui limpo e ordenado. Si está claro que por parte do concello existe a obriga de manter as rúas limpas, por parte da veciñanza e especial dos negocios debe esperarse tamén unha maior responsabilidade no cumprimento da Ordenanza de Limpeza.

As empresas dedicas á hostalería e ao turismo, ao igual que as de que calquera outro sector, teñen o que coñecemos coma ‘responsabilidade social’, é dicir, máis aló de ser rendibles economicamente para os seus propietarios, teñen o compromiso e a obriga de buscar e promover o benestar social e a mellora do entorno  no máis amplo sentido da palabra, tanto físico coma social.

O Concello lamenta que nun mes no que os e as visitantes enchen as rúas de Tui teñamos imaxes absolutamente lamentables arredor dos contedores de lixo, con caixas de cartón amoreados a carón do colector baleiro, restos de cociña pousados xunto ao contedor correspondente, bolsas de lixo depositadas a pé de rúa sen introducir nos contedores, … dando unha sensación de sucidade e abandono, que en nada benefician a ninguén, nin a veciños, nin a negocios.  Por iso dende esta semana o Concello pon en marcha unha campaña de control da Ordenanza de Ornato Público e Limpeza. Sen ser esta a intención do goberno o incumprimento da normativa pode acarrexar  sancións, dende 200 € para as infraccións leves até os 800€ para as máis graves.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, considera que manter o atractivo turístico e a boa imaxe do noso concello é un labor de todos e todas, na que todas as persoas e empresas nos temos que implicar, e que tamén todos e todas temos responsabilidade. 

O artista da Cañiza, Diego de Giráldez, inaugura unha exposición

0

O alcalde da vila, Luis Piña, e o recoñecido artista cañicense, inauguraron esta mañá esta nova exposición composta por 4 extraordinarias obras da colección particular de Diego de Giráldez. Unha mostra que permanecerá no despacho do rexedor durante un ano, podendo ser prorrogable ata o ano 2027.

A iniciativa de Diego de Giráldez de colaborar coa Alcaldía da Cañiza e expor algunha das súas creacións nesta Sala Institucional, nace no ano 2020, no mes de xuño, con motivo da conmemoración dos 200 anos de Constitución do Concello. Nesa data, Diego de Giráldez aceptou a invitación do Alcalde de “deixar unha pegada do seu ARTE na Casa Consistorial, como mostra dos lazos de amizade que lle unen ao Concello da Cañiza, do cal é Fillo Predilecto”. 

Hoxe o pintor, escultor, anatomista e creador do Realismo NAS, renovou a colección que o Concello ten o privilexio de acoller.

“Albergan el Recuerdo” obra pintada no ano 1985, “Dalí y Gala en mis sueños” (2015), “La Vida” (1998) e ,“ Retrato – de Diego de Giráldez”(2006),  son os títulos das catro obras da colección particular de Diego de Giráldez que se poderán visitar na Alcaldía durante o vindeiro ano.

O alcalde da Cañiza, Luis Piña, agradeceu unha vez máis a xenerosidade do artista por ter compartido con todos os cañicenses parte do seu legado artístico.

O Rosal saca a licitación a reforma da escola unitaria de Tabagón

0

Xa está aberta a licitación para a rehabilitación da Escola Unitaria de Tabagón, coa que o Concello do Rosal levará a cabo unha reforma integral do inmoble, coa que se reorganizarán os espazos e se mellorará a súa eficiencia enerxética. As empresas que desexen presentarse á licitación teñen de prazo ata o 13 de setembro. Toda a información está dispoñible na plataforma de contratación do Sector Público.

O investimento total desta reforma ascende a 600.000 euros, e está cofinanciado con fondos europeos que o Concello captou a través do Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos (PIREP Local), enmarcado no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana.

Estas obras realízanse grazas á estratexia de captación de fondos europeos realizada polo Concello. Así, o 65%, será financiado a través deste programa PIREP Local e outros 210.000 euros, o 25%, serán financiados con fondos propios do Concello. A remodelación destas instalacións xa contara anteriormente cunha subvención da Deputación de Pontevedra para a redacción do proxecto de mellora de eficiencia enerxética, que ascendía a 8.500 euros.

Con esta reforma integral o Concello continúa a dar pasos cara a recuperación do seu patrimonio, modernizando os espazos educativos locais e apostando pola eficiencia enerxética, así como polas melloras na accesibilidade e na redución dos custos enerxéticos das instalacións. Así, trala rehabilitación integral acometida na Escola das Pías en 2022, agora é o turno da Escola de Tabagón, que trala reforma acollerá a sede do Centro Rural Agrupado, que coordina todas as Escolas Unitarias existente no Concello.

As escolas son unha prioridade para o Concello, xa que, ademais de ser inmobles con valor patrimonial e arquitectónico, son equipamentos educativos de gran importancia na estrutura territorial do municipio, que contribúen a fixar poboación. As reformas feitas neles repercuten directamente no benestar dos nenos, nenas e profesionais da educación que utilizan estas instalacións durante todo o curso escolar.

Salceda apura os traballos en centros escolares para que estean listos no inicio do curso

O Goberno de Salceda de Caselas, que dirixe Loli Castiñeira, está a coordinar os traballos en centros escolares, moitos deles realizados por persoal da plantilla do Concello, para que estean listos no inicio do curso. Inda que os traballos de mantemento dos centros que lle corresponde o Concello en colaboración coa consellería de Educación realizase o longo de todo o ano, aqueles máis complexos e que a súa realización poida ser unha molestia para nenos e nenas fanse en época de vacacións escolares.

Entre os traballos xa realizados figura o andamiaxe na aula da Picoña  para proceder ao cambio de tellado antes do inicio de curso e que os nenos e nenas poidan gozar do seu colexo nas mellores condicións.

Así mesmo estanse a axilizar ás obras da aula de San Xurxo que se están a realizar co alumnado do obradoiro de emprego. Esta obra vai permitir que por fin a unitaria conte con un espazo cuberto para diversos usos, e que se garanta a accesibilidade.

Loli Castiñeira, alcaldesa de Salceda, indica que se está “traballando intensamente para realizar as obras, reparacións e melloras antes do inicio de curso. A nova concelleira de Ensino, Selene González, esta permanentemente en contacto coas direccións dos centros e persoalmente teño asistido a varias reunións e colaboro na coordinación. As cousas están saíndo francamente ben tendo en conta que na pasada lexislatura esta área de goberno non a levaba Movemento Salceda pero hai que destacar o traballo e esforzo de todo o equipo de traballadores e traballadoras do Concello  nestas tarefas, a pesar de ser días de período de vacacións tamén para o persoal”.

Tamén se revisaron xunto co seu director as obras de mantemento e mellora precisas de cara ao vindeiro curso do CRA Raíña Aragonta, para que as instalacións estean nas mellores condicións para os nosos nenos e nenas. Con respecto o CEP Altamira deron  comezo as obras de mantemento que se están a realizar con persoal municipal. As prioridades establécense en coordinación co equipo directivo, e tamén aquí aprovéitanse as vacacións de verán para realizalas sen interferir no curso escolar. En espazos tan importantes como o comedor escolar e a aula madruga, realizáronse pequenos arranxos.

Ademais, mantivéronse xuntanzas cos directores do CRA Raíña Aragonta e o CEP Altamira  de cara ao vindeiro curso,  os dous centros comparten servizos como o de conserxería polo que é fundamental a coordinación para unha mellor servizo.

Os veciños de Covelo reúnese para celebrar a romaría dea Xestosa

0

Como cada último domingo de agosto centos de familias da zona e visitantes reúnense para celebrar a romaría da Xestosa, na parroquia de San Salvador de Prado, en Covelo. Ubicado no rico Val de Tielas, ao santuario da Virxe da Xestosa chégase a través da PO-261, estrada que une Mondariz co concello ourensá de Avión, collendo, unha vez pasado o centro da parroquia, un desvío á dereita sinalizado como subida ao Faro de Avión.

En plena Serra do Suído, e a 1.155 metros de altitude, as familias honran a Nosa Señora da Xestosa. Cada ano centos de fieis e devotos acuden ao santuario para venerar á Virxe da Xestosa, sendo moitas as que, ao confiar no seu poder para curar espullas, realizan o ritual de mollar pan nas augas da tumba antropomórfica que se atopa na parte traseira da igrexa para logo pasalo polo verruga. Outras, realizan ofrendas de cera, aceite, ovos ou sal e deixan limosna.

O nacemento do río Tea, a pouquiños metros do santuario, fai da zona un lugar fresco e contribúe ao mantemento dun adro amurallado cheo de árbores e cunha fonte caudalosa de auga fría. A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Salvador de Prado colocou mesas e bancos corridos para que todas as familias comuneiras poidan gozar do xantar popular que completan os postos de venda de rosquillas, doces, pan e polbo. Este ano haberá, tamén, dous bares que servirán churrasco e sardiñas e que disporán de moitos bancos e mesas onde xantar.

Dende o ano 2001, existe un libro, o da Nosa Señora da Xestosa, na que as persoas plasman as súas peticións ou o seu agradecemento pola axuda da Virxe. Este libro de acción de gracias, que xa vai pola súa segunda edición, recolle a historia máis humana das persoas que viven a fe no santuario da Xestosa.

A igrexa de San Salvador de Prado informa que ás nove da mañá haberá misa na igrexa parroquial para saír, a continuación, a procesión hacia o santuario. Na capela os oficios relixiosos serán ás 10 e ás 11, sendo ás 12:30 a misa solemne. Ás 18 horas a procesión baixará para a igrexa parroquial. Todas as persoas interesadas en acompañar á Nosa Señora da Xestosa deberán contactar co párroco no teléfono 608 08 89 01.

O cónsul de Cuba visita o Concello de Baiona

0

O alcalde de Baiona, Jesus Vázquez Almuiña, recibiu esta semana ao cónsul xeral de Cuba para Galicia, Asturias e Cantabria, Dona Ingrid Izquierdo Sterling. Foi o primeiro contacto entre a Cónsul e o alcalde Baionés.

Os temas para tratar nesta visita son os ligados ao irmandamento que desde hai 22 anos temos con Rafael Freyre, na provincia de Holguín, de Cuba.

Os representantes consulares de Cuba sempre estiveron presentes en todos os actos ligados ao mundo iberoamericano, en especial o 12 de outubro e A Arribada da Carabela a Pinta.
Na reunión falouse de potenciar os lazos entre os dous pobos, especialmente nos ámbitos cultural e social, cunha aposta clara por parte da Cónsul para incrementar a súa presenza na Arribada.

“Baiona leva moitos anos sendo a ponte entre América e Galicia e vai ser un dos seus piares de futuro”, indicoulle o alcalde ao cónsul en aras da colaboración mutua.

Acordouse planificar reunións periódicas entre as dúas delegacións para avanzar neste proxecto común.

Salvaterra mellorará o campo de fútbol Dextros

O Concello de Salvaterra de Miño vén de recibir unha subvención de 5.000 euros para o financiamento dos gastos de proxectos do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia no ámbito do turismo deportivo sostible.

Deste xeito, faise fronte aos gastos derivados das asistencias técnicas que se contraten para preparar a documentación necesaria para a presentación das solicitudes ao Perte do deporte. Trátase dunha axuda ao abeiro da convocatoria de subvencións para entidades locais de Pontevedra con poboación inferior a 50.000 habitantes.

Precisamente, o Concello de Salvaterra de Miño vén de presentar un proxecto na convocatoria de axudas ao fomento do turismo deportivo sostible financiadas con fondos Next Generation UE do Consello Superior do Deporte para o ano 2023.

Neste proxecto plantéxase unha reforma de 600.000 euros para mellorar as instalacións do Campo de Fútbol Antonio Gándara Bernárdez-Dextros, onde se contemplan diferentes melloras como a de eficiencia enerxética.