13.3 C
Pontevedra
Sábado, 23 de Setembro de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoO RosalO Rosal organiza cursos para cultivar corpo e mente

    O Rosal organiza cursos para cultivar corpo e mente

    No mes de setembro comezan diferentes cursos no concello do Rosal, dirixidos a público adulto e organizados por diferentes entidades do municipio.

    A Agrupación Musical do Rosal pon en marcha un Obradoiro de Memoria, que comezará o luns, 4 de setembro. Nel traballaranse a atención, orientación, calculo, razoamento, linguaxe e moito máis. Terá lugar no Local Fundación O Rosal cada luns, de 16 a 17 horas. O prezo é de 20 euros ao mes, e hai que ser socio da Agrupación Musical do Rosal para poder asistir. O curso será impartido por AGA Formación.

    A Agrupación Musical do Rosal tamén é a promotora do Curso de Alfabetización Dixital, en colaboración coa Deputación de Pontevedra. Unha actividade na que as  e os participantes aprenderán a manexar internet, o correo electrónico, tramitacións electrónicas, o teléfono intelixente e moito máis. O curso é gratuíto e as inscricións están abertas nos teléfonos 986 62 63 11 e 609 86 67 92 ou no correo electrónico info@agrupacionmusicaldorosal.com.

    En canto á actividade física, a Asociación de Persoas Maiores do Rosal organiza clases de zumba no Centro Social Polivalente, cada mércores e venres, de 10 a 11 horas. O curso comeza en setembro, e é posible inscribirse ou solicitar máis información no teléfono 646 63 39 58.

    Para quen prefira a ximnasia de mantemento, será posible asistir a clases do 4 de setembro ao 18 de decembro, cada luns e venres de 18.30 a 19.30 horas no Local da Fundación O Rosal. O curso, dirixido a maiores de 50 anos e promovido pola Agrupación Musical do Rosal coa colaboración da Deputación, ten un prezo de 7 euros. Todas as persoas interesadas en asistir poden inscribirse nos teléfonos 986 62 63 11  ou 609 866 792.

    COLABORACIÓNS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.

    Fabio Rivas, «A pintura debida»

    Ás veces atopamos sorpresas inesperadas que nos fan sorrir e confiar na saúde da nosa literatura.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    89 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS