O Concello da Guarda ven de recuperar a esfera do reló da praza grazas a unha actuación que permitiu fabricar unha nova esfera en metacrilato e substituír o antigo marco de cemento por un novo de aluminio e aceiro inox. Ademais a nova esfera conta con retroiluminación led que lle confire un novo e chamativo aspecto polas noites. A nova esfera resulta tamén máis vistosa coas delimitacións das horas, un deseño baseado no antigo reló de 1928.
[su_image_carousel source=”media: 9718,9717,9716″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]
Os traballos demoráronse algo máis do previsto posto que se tivo que retirar a vella esfera, estragada polo paso do tempo, e levala a Vigo, onde a empresa PAGAN encargouse de facer unha nova coas mesmas medidas, para despois proceder á súa instalación.
Nunha futura actuación preténdese recuperar tamén a antiga maquinaria interna, fora xa de servizo, para por en valor este elemento patrimonial da vila guardesa.