A Guarda xa ten todo listo paraa celebración do Nadal 2023, na que se quere caracterizar por recuperar unha programación cultural de rúa pensada para os diferentes grupos de idade e gustos culturais, aínda que como ven sendo habitual sabemos que as crianzas son os principais protagonistas destas datas, e así se reflicte nas propostas.
O inicio da programación estará marcado polo acendido da iluminación de que terá lugar o venres 8 de decembro ás 20h, que estará acompañado – se o tempo o permite – dun pasarrúas e a actuación do Grupo de Gaitas da Terceira Idade.
A partir desta ponte festiva da Constitución poderemos gozar tamén co Nadal nas Prazas, unha decoración moi singular que un ano mais corre a cargo das diferentes asociacións da Guarda. Colectivos como San Xerome, Avelaíña, Percamino, Comisión de Festas da Guía, Piueiro, Terceira Idade, Érguete e Transmiño decoran con material reciclado e sostible aqueles puntos e prazas mais preto da súa actividade, cunha temática común que este ano quixo inspirarse no clásico “Conto de Nadal” ou nos diferentes contos de Nadal da nosa tradición
A programación continuará a partir da segunda quincena de decembro coas citas tradicionais para estas datas: o tradicional Concerto de Panxoliñas na Igrexa Parroquial da Guarda coa participación dos grupos corais guardeses terá lugar o 17 de decembro. O Concerto de Nadal do Conservatorio de Música o 21 de decembro e a Carreira de San Silvestre organizada pola Sociedade Atelética do Trega o día 23 de decembro con saída do Porto.
Mais como indicábamos ao principio os protagonistas do Nadal son as crianzas e as familias, é foi pensando nelas que se articulou unha intensa programación de actividades participativas e espectáculos para os cativos e cativas, comezando o sábado 16 de decembro con espectáculo de humor Abracadáver no Centro Cultural, seguiranlle a partir do día 27 na Praza de Avelino Vicente: xogos populares, actividades de animación e baile , retos de Nadal, o concerto de Paco Nogueiras (29 de decembro) e o espectáculo As palabras perdidas (3 de xaneiro). Nesta praza instalarase unha carpa para garantir a realización das activdades.
Por último, pensando nos amantes da música que ten a nosa vila, programaronse para os sábados destas semanas dous concertos de blues, soul e rock a cargo do grupo Awen, de Vigo o día 23 de decembro na praza de Avelino Vicente e o día 30 de decembro, o grupo guardés Gold&Colt presentará o seu último disco no Centro Cultural da Guarda. Ambos concertos serán as 20 h.
8 de decembro
Acendido da iluminación de Nadal, ás 20:00 horas na Praza do Reló
16 de decembro
Abracadáver, espectáctulo infantil de teatro e clown. Ás 18:00 horas no Centro Cultural
17 de decembro
Concerto de panxoliñas, ás 17:00 horas na Igrexa Parroquial
21 de decembro
Concerto de Nadal do conservatorio de música, ás 20:00 horas no Centro Cultural
23 de decembro
- Carreira “San Silvestre” ás 11.00 horas no Porto da Guarda
- Concerto do grupo Awen, ás 20:00 horas na praza de Avelino Vicente
27 de decembro
Xogos populares (xogos de madeira, da rá, zancos, buxainas…) de 17:00 ás 19:30 horas na praza de Avelino Vicente
28 de decembro
“A bailar no Nadal” espectáculo infantil. Ás 17:00 horas na praza de Avelino Vicente
29 de decembro
Concerto de Paco Nogueiras ás 17:00 horas na praza de Avelino Vicente
30 de decembro
Concerto Gold and Colt ás 20:00 horas no Centro Cultural
3 de xaneiro
“As palabras perdidas”, espectáculo infantil. Ás 17:00 horas na praza de Avelino Vicente
4 de xaneiro
Xogos de Nadal de 17:00 a 19.00 horas
5 de xaneiro
Cabalgata de Reis e Recepción dos Reis Magos