Neste mes de novembro, coordinado pola OMIX do Concello da Guarda, sae á luz o programa Tardeo, un programa de actividades e obradoiros dirixido á mocidade, levado a cabo polas asociacións da Guarda.
A proposta é un programa de accións diversas realizadas polas asociacións que se desenvolverán durante o tempo de ocio da mocidade. O mapa de actividades son tan diferentes como as propias entidades xa que contamos cun nutrido abanico de tecido asociativo, con ganas de participar e ofertar á poboación nova alternativas e propostas atractivas.
As accións programadas son:
- Obradoiro: RCP – Enrólate á vida. Transmiño 4 novembro – 18:30-20:00 horas
- Obradoiro de música: Descubrindo á Boalleira. Percamino 11 novembro – 19:30-21:30 horas
- Obradoiro: Iniciación á batería. San Xerome 17 novembro – 19:30-21:30 horas
- Obradoiro: Upcycling de roupa. Érguete BM 18 novembro – 17:00 -20:00 horas
- Obradoiro: realización selos de fotopolímero. San Xerome 24 novembro – 18:30 – 20:30 horas
- Obradoiro: Improvisando teatro. Foco – 1 decembro – 19:00-20:30 horas
- Obradoiro: Remoergómetro. Club Robaleira – 2 decembro – 19:00 – 20:30 horas
As actividades son todas de balde dirixidas principalmente a persoas entre 14 e 30 anos. Levaranse a cabo nas sedes das entidades agás as de Érguete e FOCO que utilizarán espazos municipais.
Para inscribirse terá que facerse a través deste enlace https://forms.gle/63GqvFaT61xSyS18A.
ou contactando coa OMIX da Guarda a través do 986610000 ext 7 ou no mail [email protected].