Domingo, 4 Maio de 2025

Xornada lúdica de tenis de mesa en Baiona este sábado

A Concellería de Deportes de Concello de Baiona organiza unha actividade gratuíta de promoción e divulgación gratuíta de Tenis de Mesa. Trátase  dunha xornada lúdica que terá lugar este sábado 27 de maio no pavillón municipal de deportes dende ás 10:00 h ata ás 12:00 horas.

Todas aquelas persoas interesadas en participar na actividade deberán entregar o boletín oficial de incrición no pavillón municipal de deportes de Baiona ou chamar ao teléfono 986  35 65 68 para formular a mesma. Do mesmo xeito, tamén pode facerse vía email a través de [email protected].

As prazas son limitadas por riguroso orden de inscrición. O boletín oficial de inscrición está disponible na páxina web do Concello de Baiona: https://www.baiona.gal/cultura/area-deportes/.

A Concellería de Deportes do Concello de Baiona aposta por promover esta actividade de lecer, que é interxeneracional e universalmente coñecida. Así mesmo, desde o deporte base, fomentando o local e cercano, búscase coñecer novas persoas, interactuar e intercambiar ideas ou opinións. Será unha xornada non cometitiva para desfrutar desta disciplina.