Tag: tenis de mesa
As promesas do Club Tenis de Mesa Mos despuntan en Portugal e Santander
A tarde de onte tivo lugar no Multiusos das Pozas a recepción ao Club Tenis de Mesa Mos polos resultados obtidos no Torneo de Lamego – Portugal e no Torneo Estatal da Categoría de Discapacidade que se celebrou en Santander.
Máis de 250 participantes daranse cita no I Torneo Internacional de Tenis de Mesa Concello do Porriño
A alcaldesa, Eva García xunto co concelleiro de Deportes, David Alonso presentaron onte a primeira edición do 'Torneo Internacional de Tenis de Mesa Concello do Porriño', acto no que tamén estaban presentes José Luis Cabaleiro, presidente da Federación Galega de Tenis de Mesa e directivos do Club de Tenis de Mesa CRC Porriño e do Círculo Recreativo Cultural, lugar onde se realizou a presentación.
Lete Lasa destaca o traballo do tenis de mesa galego que permite a Galicia ser a única comunidade coas súas ligas en marcha desde o 17 de outubro
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou na mañá de hoxe na presentación do Campionato Pre-Estatal de Tenis de Mesa que se celebrará en Zas (A Coruña) os vindeiros 5, 6, 7 e 8 de decembro e que estará organizado pola Federación Galega de Tenis de Mesa e onde participarán 164 xogadores das categorías benxamín, alevín, infantil, xuvenil, sénior e veterano, tanto masculinas como femininas.