Sábado, 3 Maio de 2025

A Guarda abre a inscrición para os obradoiros de conciliación de Semana Santa

A Concellería de Igualdade do Concello de Guarda abre o venres 17 de marzo o prazo para solicitar praza para os obradoiros Conciliaguarda.

Estes obradoiros de ocio e tempo de lecer para crianzas teñen carácter gratuíto e teñen como obxectivo principal facilitar a conciliación da vida persoal e laboral no período non lectivo de Semana Santa, así como promover a sensibilización en igualdade entre nenos e nenas dentro das actividades que se realicen.

Datas, horario e lugar

Os obradoiros terán lugar os días 3, 4, 5 e 10 de abril de 2023 (días non lectivos polas vacacións escolares de Semana Santa) en horario de 8:30h a 14:30h no Centro Cultural da Guarda. No caso de necesidade das familias, poderá facerse un horario reducido de 9:00 a 14:00h

Participantes

30 crianzas con idades comprendidas entre os 3* e os 10 anos, empadroadas no concello da Guarda**

*As crianzas de 3 anos teñen que estar escolarizadas.

**No caso de quedar prazas vacantes poderán participar crianzas doutros concellos.

No caso de adquirir praza e ter unha discapacidade ou patoloxía, solicitarase informe do EVO e/ou informes complementarios da necesidade de apoio necesaria.

Inscricións

Presencialmente no Rexistro do Concello da Guarda ou na sede electrónica (https://aguarda.sedelectronica.gal) desde o día 17 ata o 24 de marzo. No caso de presentación electrónica será preciso cubrir unha instancia xeral e axuntar cuberta a ficha de inscrición Conciliaguarda que se pode atopar na web www.aguarda.es.

Se as inscricións superan o límite de prazas, realizarase un sorteo público o día 28 de marzo ás 13:00 h no vestíbulo do Concello da Guarda (Casa dos Alonso).

O listado de crianzas admitidas será publicado na web do Concello e no taboleiro de anuncios da Casa dos Alonso, e aparecerá codificado co número de rexistro da solicitude, polo que resulta importante conservar o comprobante da presentación da mesma.

Para máis información porse en contacto co Centro de Información á Muller (CIM) do Concello da Guarda (986614648 / [email protected])