O Concello da Guarda continúa esta semana coas actividades da Axenda de Verán 2022, unha programación de actividades extensa, para todos os gustos e para todas as idades, que estenden ata o mes de setembro con concertos, exposicións, actividades de rúa, eventos deportivos, festas gastronómicas, populares e relixiosas, entre outros.
A concelleira de Cultura, Montserrat Magallanes, destaca a gran aposta feita dende o consistorio municipal para realizar unha programación variada e atractiva, tanto para guardeses coma visitantes, e que sen dúbida non deixará a ninguén indiferente.
Montserrat Magallanes indicou na presentación desta axenda que A Guarda contará este ano cun verán no que se retoma a actividade cultural, de ocio e deportiva trala pandemia, froito dun amplo traballo de programación e organización que se pode ver xa reflexado na gran cantidade de eventos recollidos nesta Axenda de Verán 2022.
O Alcalde da Guarda convida a visitantes e guardeses a participar nesta programación da Axenda de Verán 2022, cunha variedade e calidade de eventos que fará de impulso para todo o tecido empresarial da vila, atraendo a moitas persoas e incentivando tamén a actividade comercial da vila da Guarda.
Dende o Concello da Guarda se fai un agradecemento público a todas as asociacións culturais e deportivas da vila, que co seu traballo enriquecen ao noso pobo e conseguen facer sorrir, desfrutar e pasar un rato agradable a todas as persoas que se achegan a participar con elas da cultura e do deporte na nosa vila. Despois da pandemia precisamos recuperar o tempo perdido e voltar a desfrutar dos bos momentos, encher as nosas rúas de música, baile, cine e doutras expresións artísticas.
A programación de actividades continúa esta semana coa proxección de Cine na Rúa “Bella y el circo mágico”, que terá lugar o xoves 21 de xullo ás 22:30h na Praza do Reló.
Na xornada do sábado 23 de xullo a Praza de Avelino Vicente acolle a Feira Outlet do comercio guardés organizada por ACIGU CCA.
Tamén na xornada do sábado día 23 de xullo o Auditorio de San Benito acolle o XXVII Encontro dos Pobos, o festival folclórico internacional máis lonxevo da nosa comarca, que este ano contará coa participación de los grupos de Portugal e Eslovaquia: Vento Mareiro, Xamaraina, Doxe nun ano, G.F.S Sebastiao, Do lusco ó fusco e Drevar, baixo a organización da A.C Do Lusco ó Fusco.
O sábado 23 en horario de mañá terá lugar a II Carreira de Orientación – Concello da Guarda, un evento deportivo que consistirá en visitar no menor tempo posible tódalas balizas establecidas na orde que se indica no mapa con ata 4 participantes por equipo e con 3 categorías de competición: Xestiñas (categoría para nenos, sinxela física e técnicamente, con menos de 3kms en total), Xestas: categoría para adultos, nivel físico e técnico medio con menos de 4kms en total) e Xesteiras (categoría para persoas con medios/altos coñecementos de orientación, nivel físico e técnico alto con máis de 5 km en total). As inscricións están abertas en: https://xestanatureza.com/eventos/orientacionaguarda/.
A Axenda de Verán continúa nos meses de xullo, agosto e setembro con actividades coma os festivais de Baile Moderno de Xamaraina, a programación de actividades infantís de “Miúdo Verán”(todos os xoves), eventos deportivos, a Festa do Peixe Espada, a Mostra Creativa, presentación de libros e exposicións, as Festas de San Cayetano, o Encontro do libro Luso-Galaico, a Festa do Percebe, concerto da Agrupación Musical da Guarda, as Festas da Virxe da Guía, as Festas das Mercedes ou a Mostra Asociativa
Especial mención nesta programación para as Festas do Monte, que terán lugar do 8 ao 15 de agosto, a semana grande de festas na Guarda, unha semana na que as noites de verbenas se compaxinan con diferentes actividades deportivas e culturais. Na xornada do sábado día 13 de agosto ás 11:30h ten lugar o Desfile Folclórico e De Bandas Mariñeiras, un desfile multitudinario previo ao día grande o Domingo do Monte, no que dende a mañá as Bandas Mariñeiras soben ata o cumio do Monte Santa Trega para realizar os seus xuramentos ao son dos bombos, tambores e gaitas. As festas rematarán na noite do Luns día 15 de agosto coa Gran tirada de fogos de artificio no Porto da Guarda.
EXPOSICIÓNS
A Guarda terá tamén unha importante exposición pictórica este verán que estará na Casa dos Alonso entre o 26 de xullo e o 13 de agosto, e na que se poderán observar e apreciar os traballos e pinturas da artista guardesa Chuny Alonso.
VISITAS GUIADAS AO CASTRO DE SANTA TREGA
Ao longo do verán e de martes a domingo ofértanse visitas guiadas ao Castro de Santa Trega, unha oportunidade para coñecer o noso patrimonio con visitas que terán lugar ás 12:00h, 13:00h, 18:00h e 19:00h horas.
Inscrición e información no enderezo electrónico [email protected] ou no teléfono 690 017 038.
PROGRAMA COMPLETO
21 DE XULLO
- CINE NA RÚA “BELLA Y EL CIRCO MÁGICO”, na Praza do Reló ás 22:30 horas
23 DE XULLO
- FERIA OUTLET, na praza de Avelino Vicente. Organiza: ACIGU
- ENCONTRO DOS POBOS, no Auditorio de San Benito ás 20:30 horas. Organiza: A C. Do Lusco ó Fusco
- II CARREIRA DE ORIENTACIÓN, inscricións www.xestanatureza.com
28 DE XULLO
- CONCERTO INFANTIL ROCKEANDO CON RAMONA ÓRBITA, A DONA DO TEMPO, na Praza do Reló ás 20:30h
29, 30, 31 DE XULLO
- FESTA DO PEIXE ESPADA, nos restaurantes da vila. Organiza: ORPAGU
30 DE XULLO
- MOSTRA CREATIVA DO BAIXO MIÑO, na praza de Avelino Vicente
4 DE AGOSTO
- ESPECTÁCULO DE CIRCO “CARMAN”, no Auditorio de San Benito ás 20:30 horas
- PRESENTACIÓN DO LIBRO “SOBRE LA CRIANZA”, de Jesús Rodríguez Salazar, no Centro Cultural ás 19:30 horas
4, 5, 6, 7 DE AGOSTO
FESTAS DE SAN CAYETANO, no Barrio da Cruzada. Organiza: Comisión de Festas de San Cayetano
8 ao 15 DE AGOSTO
- FESTAS DO MONTE, na alameda e rúas da vila. Organiza: A.V C.D. Alameda
11 DE AGOSTO
- GALICIA ILUSIONA, ILUSIONISMO, no Auditorio de San Benito ás 20:30 horas.
19, 20 DE AGOSTO
- III ENCONTRO DO LIBRO LUSO GALAICO, na Praza do Reló
20 DE AGOSTO
- FERIA OUTLET, na Praza de Avelino Vicente. Organiza: ACIGU
- II TORNEO DE PETANCA CONCELLO DA GUARDA, no Campo do Codesal
24 DE AGOSTO
- CONCERTO MÚSICA NO AR, no atrio da Igrexa Parroquial ás 20:30 horas. Organiza: Deputación de Pontevedra
23,27 E 28 DE AGOSTO
- FESTA DO PERCEBE, na alameda da Guarda. Organiza: A.C. Alameda
26 DE AGOSTO
- TEATRO CRÓNICAS DO PARAÍSO, na Praza do Reló ás 21:30 horas
27 DE AGOSTO
- CONCERTO DE VERÁN DA BANDA DE MÚSICA DA GUARDA, no Auditorio de San Benito ás 20:30 horas. Organiza: Agrupación Musical da Guarda
28 DE AGOSTO
- FESTIVAL DE BAILE MODERNO “REMEMBER”, no Auditorio de San Benito ás 20:00 horas. Organiza: A.C. Xamaraina
- CARREIRA PEDESTRE VIRXE DA GUÍA, na Praza da Guía ás 19:00 horas. Organiza: Comisión de Festas Virxe da Guía
2, 3, 4 DE SETEMBRO
- FESTAS VIRXE DA GUÍA, na Praza da Guía. Organiza: Comisión de Festas Virxe Guía
3 DE SETEMBRO
- PERFORMANCE FOCO, PROXECTOS ANTIBULOS, na praza de Avelino Vicente às 12:00 horas. Organiza: A. FOCO
DO 3 AO 25 DE SETEMBRO
- FESTAS DAS MERCEDES A GÁNDARA, no barrio da Gándara. Organiza: A.V V. O Percamino
10 DE SETEMBRO
- MOSTRA ASOCIATIVA, na Praza de Avelino Vicente a partir das 15:30 horas