Domingo, 4 Maio de 2025

A sección da Escola Oficial de Idiomas de Ponteareas ofrecerá o curso de nivel básico de francés

A concellería de Ensino, que dirixe a tenente de alcalde Cristina Fernández, vén de poñer en coñecemento de todos os interesados e interesadas que, neste curso escolar, a delegación da Escola Oficial de Idiomas en Ponteareas ofrecerá o curso de nivel básico A1 no primeiro cuatrimestre e no segundo cuatrimestre o de nivel básico A2.

Cristina Fernández amosa a súa satisfacción por ter conseguido que esta demanda da comunidade educativa sexa hoxe unha realidade. O obxectivo desta concellería, asegura a súa titular, “é ofrecer unha oferta educativa ampla de acorde ás necesidades da poboación e que resposte á demanda laboral actual evitando que a mocidade se teña que desprazar fóra da súa comarca”.

Deste xeito, a sección da Escola Oficial de Idiomas en Ponteareas abrirá o prazo de preinscrición do día 2 de setembro ao 15 de setembro. Todas as preinscricións deberán formalizarse obrigatoriamente en liña no prazo a través deste acceso https://www.eoidigital.com/preinsxunta

Os horarios das clases de francés poden consultarse na seguinte ligazón e as persoas interesadas en obter máis información, poderán atopala neste outro enlace web.