Dende o Concello da Guarda, queren apelar á cidadanía pola importancia da súa colaboración nestas datas para combater as vespas velutinas. Dende o mes de febreiro ata o mes de maio as raíñas fundadoras da vespa velutina saen a formar o niño primario, por iso é moi importante o trampeo por parte da cidadanía, xa que axuda ao control da especie nesta época.
Cada raíña velutina collida nestas datas tradúcese nun niño menos. A construción dos niños adoita ser en lugares resgardados (troncos ocos, teitos de uralita, estruturas abandonadas…etc).
A vespa velutina xera un gran impacto na biodiversidade da contorna, debido a súa gran voracidade pode afectar moi seriamente as colonias de especies autóctonas.
Prégase a todos os veciños que cando vexan un niño chamen ao 012.