Un home foi atendido polos servizos sanitarios de urxencia, logo de sufrir a caída dunha árbore, na localidade das Neves, no día de onte.
O 112 Galicia recibiu o aviso por parte dun particular pasados quince minutos das cinco da tarde do martes. Na chamada, indicaba que o propietario dunha finca que estaba a traballar nunha árbore precisaba de asistencia médica urxente despois de caerlle na cabeza.
Decontado, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e do GES-SPEIS Ponteareas, así como tamén foron informados os axentes da Garda Civil.
Debido á gravidade da situación, os profesionais sanitarios optaron por mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Ourense, que tomou terra no mesmo lugar dos feitos.