13.9 C
Pontevedra
Martes, 30 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaArrancan as obras de reforma e adecuación das dependencias da policía local

    Arrancan as obras de reforma e adecuación das dependencias da policía local

    Durante a execución das obras a Policía Local prestará atención á cidadanía no primeiro andar do edificio do concello vello

    Fai uns días iniciáronse os traballos para a Reforma e adecuación á norma das dependencias da Policía Local, a través dunha axuda por importe de 39.813,19 € da Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia.

    Con esta reforma pretendese modernizar, ampliar e adecuar ás necesidades actuais as dependencias policiais, mellorando a zona de atención ao público e ampliando o espazo para oficinas. Tamen se habilitará un espazo para sala de reunións e dotaranse duns novos vestiarios.

    En total pretendese ampliar as infraestruturas existentes ata os 183m2, con dúas oficinas, vestiarios diferenciados para homes e mulleres, almacén e sala de xuntas, empregando parte das vellas instalacións de Servizos Sociais.

    Para o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, esta é unha actuación moi importante, posto que ven a mellorar as condicións de traballo dos membros da Policia Local, nunhas instalacións que precisaban unha urxente rehabilitación e adaptación aos tempos que corren, o que permitirá prestar un mellor servizo a toda a cidadanía guardesa. Este proxecto está na liña de modernización das dependencias municipais que se ven producindo dende que se construiu o novo concello na casa dos Alonsos.

    O orzamento desta licitación é de 47.00,94 € sen IVE (o orzamento con IVE é de 56.875,98 €). O prazo de execución das obras é de 45 días hábiles.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.