Domingo, 4 Maio de 2025

A Guarda acollerá as Misas do Día de Santa Trega na Igrexa Parroquial

Non se realizarán as Poxas de produtos típicos nin a procesión e a Ermida de Santa Trega estará aberta ao público de 8:30h a 19:00h.

A Guarda acolle este xoves as celebracións do Día de Santa Trega (festividade local do día 23 de setembro), que neste ano tan atípico, e ao igual que sucedeu o ano pasado debido ás medidas de prevención motivadas pola pandemia da Covid-19, terán que realizarse dun xeito distinto.

Segundo informou o párroco ao alcalde da Guarda, as misas, que tradicionalmente se celebran na ermida no Monte de Santa Trega, celebraranse na Igrexa Parroquial ás 10:00h e ás 11:00h e con limitacións de aforo tal e como ditan as normas sanitarias vixentes, non se realizarán as Poxas de produtos típicos nin a procesión.

A Ermida de Santa Trega estará aberta ao público de 8:30h a 19:00h nesta xornada para todos os fieis e devotos que desexen facer as súas ofrendas, sempre respectando as distancias de seguridade, o uso obrigatorio de máscaras de protección e hidroxel.

Como en anteriores ocasións, o Concello insta a cumprir as medidas de prevención a toda a poboación: uso da mascarilla, hixiene de mans e o mantemento da distancia social.