11.6 C
Pontevedra
Martes, 30 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaA Guarda entrega os Premios de Educación 2020-21

    A Guarda entrega os Premios de Educación 2020-21

    O acto de entrega realizouse esta mañá no Salón de Plenos da Casa dos Alonsos

    O Concello da Guarda ven de entregar os Premios de Educación 2020-21, unha iniciativa que se realizou co ánimo de incentivar o estudo e reforzar actitudes e hábitos relacionados co traballo, esforzo, participación e convivencia entre as persoas mozas.

    Os premios estiveron dirixidos nesta convocatoria ao alumnado de cursos de fin de ciclo de Primaria, Secundaria, Bacherelato e Ciclos de Formación Profesional dos centros públicos e concertados de primaria ou secundaria da localidade de A Guarda durante o curso 2020-2021, e se estableceu un máximo de 23 premios consistentes en material informático.

    Foron requisitos o ter obtido unha nota media mínima de 8, salvo naqueles casos nos que se propuxo ao alumnado o recoñecemento polo seu traballo, esforzo e participación, unha nova categoría que se engadiu nesta edición.

    Listado de premiados:

    6º Educación Primaria

    ColexioNome e apelidosPremio á:
    SindeRebeca Casal FreitasMellor expte académico
    SindeSergio Alonso Pacheco+ esforzo
       
    SangriñaPaula Baz VideiraMellor expte académico
    SangriñaAntía Martínez Rodríguez+ esforzo
       
    SolanasSabela Lomba RodríguezMellor expte académico
    SolanasSara Pacheco Pereira+ esforzo
       
    CarmelitasPaula Ortega SalcidosMellor expte académico
    CarmelitasXiana Carrasco González+ esforzo
       
    SomascosSofía Villa BentoMellor expte académico e + esforzo

    4º da ESO

    ColexioNome e apelidosPremio á:
    CarmelitasEstela Baz RodríguezMellor expte académico
    CarmelitasEva Rodríguez Barbosa+ esforzo
       
    SomascosÁngel Martínez FernándezMellor expte académico e + esforzo
       
    Ies A SangriñaJosé Manuel Gómez LombaMellor expte académico
    Ies A SangriñaAnxo Sánchez HigueroMellor expte académico
    Ies A SangriñaPablo Coballes GarcíaMellor expte académico
    Ies A SangriñaIago Soler Lomba+ esforzo

    IES A SANGRIÑA

    CursoNome e apelidosPremio á:
    Ciclo SuperiorOlalla Duarte OteroMellor expte académico
    Ciclo SuperiorAroa Rodríguez dos Santos+ esforzo
       
    2º BacharelatoClaudia Gómez LombaMellor expte académico
    2º BacharelatoFrancisco Alonso DoradoMellor expte académico
    2º BacharelatoÁlvaro Lomba LozanoMellor expte académico
    2º BacharelatoSabela Treinta LombaMellor expte académico
    2º BacharelatoAna Fernández Pacheco+ esforzo

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.