Martes, 1 Xullo de 2025

O concello da Guarda asumirá unha redución do 25% da taxa de lixo para o 2022

Neste exercicio solicitaron unha redución do 25% da taxa de lixo 82 establecementos da localidade, na súa meirande parte titulares de establecementos de hostalería

O goberno local  cumpre así o compromiso de rebaixar a taxa de lixo aos establecementos que se viron afectados pola pandemia da Covid, en concreto a aqueles que tiveron que pechar as portas dos seus establecementos polo  confinamento.

Durante este exercicio do 2021 solicitaron este desconto do 25% na taxa do lixo  82 establecementos  comerciais, de servizos e hostalería. Destas 82 peticións, 70 foron aceptadas e o recibo de lixo xa se emitiu con esa redución e  12 peticións foron rexeitadas debido fundamentalmente a presentarse fóra de prazo  ou non cumprir os requisitos requiridos.

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, anuncia que no exercicio do 2022 tamén se vai aplicar esta medida para tratar de paliar, na medida das posibilidades do concello, os prexuízos que a pandemia ocasionou na economía local. Esta redución do 25% da taxa do lixo poden solicitala os titulares de actividades económicas, autónomos ou negocios afectados polo peche.