Sábado, 5 Xullo de 2025

A Guarda realiza melloras no parque infantil do Porto

O alcalde e o concelleiro de Vías e Obras realizaron unha visita esta onte para revisar o estado das tarefas, que aínda están por rematar

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba e o concelleiro de Vías e Obras, Miguel Español, visitaron a zona portuaria para revisar o estado das tarefas de adecentamento e mellora do Parque Infantil.

No parque infantil do Porto da Guarda se están levando a cabo diversas tarefas coma a reposición e pintado da pérgola de madeira, reposición de area na zona de elementos de xogo, así coma o pintado e revisión destes elementos.

Estas tarefas, que aínda están sen concluír, inclúen tamén a posta en funcionamento da fonte de auga sita neste espazo de lecer e ocio infantil.

O Concello da Guarda continúa a embelecer e mellorar diferentes espazos públicos do municipio.