Martes, 1 Xullo de 2025

A Policía Local da Guarda abre unha investigación pola tala dunha árbore ao carón do Santuario de San Roque

Unha árbore foi talada ao carón da Igrexa de San Roque no barrio de Salcidos sen que conste autorización en dependencias municipais

O Concello da Guarda ven de encargar un informe á Policía Local da Guarda para que instrúa as dilixencias que conduzan a dar co responsable ou responsables do que se considera unha “barbaridade medioambiental” despois de ter coñecemento dunha recente tala dunha árbore na Praza de San Roque.

A tala foi realizada sen que conste autorización en dependencias municipais e sen xustificación algunha, “polo que se vai a proceder á apertura dun expediente informativo en canto se coñezan ós responsables desta actuación”, sinalou o Goberno local.

Segundo o informe policial a tala realizouse entre o 2 e o 3 de febreiro deste ano, sen que se lograse identificar de momento o autor/es desta acción.