Este proxecto, denominado, “Mos Peregrino” ten como finalidade a posta en valor do patrimonio municipal e etnográfico existente no municipio, e máis concretamente, o trazado do Camiño de Santiago Portugués ao seu paso polo concello de Mos e a súa zona de influencia.
A mellora destes entornos favorecerá a dinamización do Camiño de Santiago, sendo un foco importante de posta en valor da promoción turística e acercamento ao peregrino.
A concelleira delegada de promoción económica e emprego, Julia Loureiro Campo, destaca a prioridade do proxecto en enfocar as obras de acondicionamento e revalorización, ao desenvolvemento de ocupacións orixinariamente tradicionáis, pero que as novas técnicas e propostas de materiáis, así como a relevancia que está adquirindo a restauración e rehabilitación do patrimonio, fan destas ocupacións unha fonte de emprego nos próximos anos.
Por elo, o alumnado-traballador se formará en especialidades formativas, tales como:
- Edificación e Obra civil: Albanelería e colocación de pedra.
- Madeira: Traballo de carpintería e moble, Mecanizado de madeira e derivados.
As actuacións que se desenvolverán unidas á formación certificable que se lles dará ao alumnado desenvolveránse nos espazos públicos ao longo do Camiño de Santiago, incidindo na sinalización, mobiliario urbano, obras de acondicionamento e embellecemento do Camiño.
Ao remate da actividade do Obradoiro dual de emprego, o Concello de Mos desenvolverá un programa de inserción laboral das persoas participantes no Obradoiro, e través de incentivos á contratación por conta allea durante un mínimo de 3 meses a xornada completa en empresas que o soliciten na convocatoria destas axudas, que terá lugar antes do remate do Obradoiro. A selección do alumnado do Obradoiro e do equipo directivo realizaráse nas vindeiras semanas e prevése o inicio do mesmo a fináis do mes de decembro.