Venres, 9 Maio de 2025

O Concello de Nigrán iluminouse esta noite de laranxa para conmemorar o día adicado ao TDH

O obxectivo é visibilizar este trastorno neurobiolóxico de caracter crónico e que afecta a un 5-7 % da poboación infantil chegando á idade adulta nun 60 % dos casos

O Concello de Nigrán iluminouse esta noite de laranxa polo día adicado ao TDAH (Trastorno por Déficit de Atención) co obxectivo de visibilizar este trastorno e mostrar a súa solidariedade cos afectados e as súas familias. O TDH é un trastorno neurobiolóxico de carácter crónico, sintomáticamente evolutivo e de transmisión xenética, en moitos casos.

Afecta a un 5-7% da poboación infantil, en idade escolar, chegando incluso á idade adulta, en aproximadamente un 60% dos casos. A iniciativa foi pedida ao Concello por ANHIDA, a primeira asociación nacida ao respecto en Galicia (2004) con sede en Vigo e fundada por un grupo de pais con fillos afectados por TDAH para defender os seus dereitos, darlles atención especializada e mellorar a súa integración social.