Sábado, 3 Maio de 2025

ACiP asegura que o gasto do Goberno sube máis dun 60 % respecto a 2015

O portavoz de Alternativa Ciudadana de Ponteareas, ACiP, Juan Carlos González Carrera mantivo hoxe que as subas de gasto nos salarios do goberno local “supoñen máis dun 60 % respecto ao ano 2015” e lamenta que o executivo local utilice as “descualificacións aos grupos da oposición para ocultar este feito. O portavoz independente subliña que cando aínda non se cumpriu un mes dende a toma de posesión “comécese a gobernar sen consenso e transparencia”. 

González Carrera basea as súas afirmacións no feito de que “no ano 2015 o gasto do goberno era de 156.844 euros e pasa, para neste ano 2019 aos 263.240 euros”. Considera “excesivo” que os concelleiros e concelleiras con dedicación exclusiva, “cobren unha media de 2.142 euros/mes” co que a dedicación “valorase en 30.000 euros divididos en 14 mensualidades”.

O portavoz independente fai tamén fincapé no feito de que o Pleno aprobou subas pola asistencia plenos, comisións de goberno e comisións informativas “e casualmente o alcalde sempre as preside co que os seus ingresos triplícanse a partir deste ano como denunciamos no pleno”.

Juan Garlos González asegura, na súa nota aos medios de comunicación, que o informe da Interventora Municipal é claro “ao asegurar que non partida económica suficiente para o incremento realizado para pagos de salarios e Seguridade Social” e reta ao alcalde a presentar “un informe do departamento correspondente do gasto real do ano 2015 e a súa proposta aprobada para este ano 2019”.

Remata González Carrera lembrándolle ao alcalde de Ponteareas que “ACiP foi fundado no ano 2010 e que, polo tanto, nunca estivo en ningún goberno”. O portavoz de ACiP, chama a atención sobre o feito de que, nas pasadas eleccións “foi o partido político que estando na oposición incrementou unha importante cantidade de votos chegando a ser de mais unhas 20% grazas ao apoio dos máis de 2.000 veciños que queren que sexamos a súa voz no Concello” algo que, di González Carrera “parece que lle preocupa ao alcalde de Ponteareas”.