13.9 C
Pontevedra
Martes, 30 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaO Concello da Guarda comunica que 3 traballadoras de servizos exteriores están...

    O Concello da Guarda comunica que 3 traballadoras de servizos exteriores están contaxiadas por Covid-19

    O xoves 3 de setembro varias traballadoras do concello da Guarda fixeron a proba do PCR dando positivo por coronavirus. As traballadoras afectadas conforman un grupo que traballa  formando unha burbulla e sen contacto estreito con outros traballadores.  No día de hoxe,  Sanidade comezará a facer probas de PCR aos familiares destas traballadoras así como ás persoas coas que tiveron contacto estreito.

    Así mesmo, o concello da Guarda mantivo este xoves unha reunión do Comité de Prevención e Saúde e trasladou a información ao servizo de prevención do concello, activando os protocolos e medidas de prevención correspondentes. Do mesmo xeito se mantivo informados aos portavoces dos grupos políticos do concello da Guarda.

    Os afectados por coronavirus na localidade ascenden a 15 persoas asociadas a tres brotes familiares. Destacar que todos os profesores e o resto de nen@s da ludoteca deron negativo por PCR do mesmo xeito que tamén deron negativo todos os traballadores e usuarios da residencia de maiores Monte Tecla.

    Dende o concello tamén queremos transmitir unha mensaxe de tranquilidade á poboación en xeral indicando que se está facendo o necesario para rastrexar e controlar os brotes.  Temos que ser conscientes da nosa vulnerabilidade, o virus está aí e debemos tomar as medidas  de prevención recomendadas  para evitar o seu espallamento: distancia social, hixiene de mans e uso da mascarilla.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.