Domingo, 4 Maio de 2025

Nigrán colabora coa plataforma educativa solidaria, na que os profesores voluntarios axudan con clases de reforzo

O Centro Cultural 'A Camoesa' e 'O Torreiro' de Priegue ofrecen as súas instalacións para impartir as clases, mentras que o Concello entregou o material preciso, como dispensadores de xel hidroalcohólico a pedal, produtos de limpeza e material escolar ou os propios seguros

O Concello de Nigrán colabora coa plataforma educativa solidaria creada no municipio da man de profesores xubilados e voluntarios co obxectivo de ofrecer reforzo a 29 alumnos de primaria e secundaria que non puideron seguir as clases online durante o confinamento (ben por falta de medios técnicos ou axuda na casa).

Deste xeito, o Concello faise cargo de pagar as custas dos seguros de alumado e profesorado e, ao mesmo tempo, lles fornece do material escolar que solicitaron (ata agora  libretas, bolígrafos, lápices…) e material de prevención Covid-19 (máscaras e dous dispensadores de xel hidroalcohólico a pedal e produtos de limpeza para o Centro Cultural A Camoesa e O Torreiro de Priegue, onde se imparten as clases).

“Estamos a disposición de todo o que precisen. Apoiamos todo tipo de iniciativas de carácter social e, esta en concreto, nos parece admirable: 16 profesores xubilados e voluntarios están a ofrecer altruístamente o seu tempo a nenos que requiren desta atención presencial despois de meses sen asistir a escola, paralelamente, en Camos e Priegue os seus centros culturais poñen o seu espazo para as clases, este é o Nigrán para todos que queremos promover”, incide o alcalde, Juan González.