Domingo, 4 Maio de 2025

A Guarda acolle o 26 de xullo un encontro de Ioga ao aire libre

O Castelo de Santa Cruz da Guarda será o escenario para a realización de “Ioga de Verán”, un encontro de ioga ao aire libre para todos os públicos que se vai desenvolver o domingo 26 de xullo ás 10:30h.

Cada participante deberá traer unha esteira ou toalla, un cinto ou un foulard.

Esta actividade é totalmente de balde, pero é preciso unha inscrición previa no seguinte formulario: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScFkPjZ8qL95m9G3VNl1g9Zw4JyKBsqgWTPZCaTeIB5Rw0AKQ/viewform?vc=0&c=0&w=1

Os interesados en participar poden ampliar información no Departamento de Deportes do Concello da Guarda chamando ao 690928751 ou contactando en [email protected].