11.6 C
Pontevedra
Martes, 30 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán ofrece atención psicolóxica especial e apoio emocional ás persoas maiores de...

    Nigrán ofrece atención psicolóxica especial e apoio emocional ás persoas maiores de 70 anos que viven soas

    O servizo psicolóxico vinculado ao Centro de Información á Muller (CIM) centrarase os mércores e xoves de 10:00 a 14:00 en atención telefónica ás persoas que están a ter dificultades emocionais derivadas do confinamento

    O Concello de Nigrán, ante a situación derivada do estado de alarma que rebasa xa un mes, ven de crear un servizo de atención psicolóxica telefónica para persoas que están a ter dificultades emocionais polo confinamento. Atendido directamente por unha psicóloga, este estará operativo os mércores e xoves de 10:00 h a 14:00 horas mediante cita previa en psicologa@nigran.org ou 650271896 (chamando mércores ou xoves). Paralelamente, desde o Concello estase a contactar telefónicamente (ou mediante carta se o número non aparece no padrón) con todas as persoas maiores de 70 anos que viven soas co obxectivo de facerlles un seguimento, ofrecer conversa, compañía e, ao mesmo tempo, incidir en que poden empregar o servizo municipal de axuda ante o Covid-19 (onde poden xestionar a compra e entrega a domicilio de alimentos, menciñas, libros… ou calquera outra necesidade).

    “Dado que o confinamento xa rebasa un mes, consideramos que é preciso crear este servizo de apoio psicolóxico telefónico porque moitas persoas poden estar a sentir angustia, soidade, tristura ou situacións de conflicto familiar… E ademais, reforzamos esta acción con chamadas a todos os maiores que o viven en completa soidade”, explica o alcalde, Juan González, quen subliña que, desde a Concellería de Maiores, a propia edil María Mayán leva semanas contactando con todas estas persoas que superan os 70 anos para facer un seguimento de cada situación concreta e ofrecer conversa, completándose isto coa entrega de cartas a domicilio onde se incide na existencia do servizo municipal de axuda ante o Covid-19. A partir de agora, en caso de detectar neles un problema emocional, serán derivados ao novo servizo psicolóxico do Concello para recibir unha terapia máis exhaustiva.

    “Nas chamadas se lles pregunta como se atopan e se precisan algo, tamén se lles ofrece conversa para aliviar a sensación de soidade que poden estar a sufrir agora especialmente”, incide María Mayán. “Agradecen infinitamente a chamada porque para eles significa que non están sós, que teñen unha persoa en concreto a quen recurrir se o precisan e que o Concello os ten en conta; despois da presentación inicial e da súa sorpresa ante a chamada acabamos falando de calquera outro tema porque, loxicamente, teñen necesidade de socializar e de sentirse escoitados. É moi gratificante”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.