Venres, 9 Maio de 2025

O Concello da Guarda colabora coa Asociación Parkinson Baixo Miño

O departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda, en colaboración coa Asociación de Parkinson do Baixo Miño, vai a poñer a disposición da poboación en xeral uns cuadernillos de actividades para a estimulación cognitiva para reforzar a memoria.

Terán unha periodicidade semanal e as persoas interesadas poderán descargar os cuadernillos semanalmente a través da publicación da Asociación Parkinson Baixo Miño en Facebook.

Os dous primeiros cuadernillos pódense descargar dende estas ligazóns: Cuadernillo 1. Cuadernillo 2.

Tamén aquelas persoas que o desexen, poden recibilos nos seus domicilios previo contacto e solicitude cos Servizos Sociais do Concello da Guarda no 986 61 45 07 ou coa Asociación Parkinson Baixo Miño nos teléfonos 627 438 882 / 690 006 266.