Domingo, 4 Maio de 2025

A Guarda aumenta o número de prazas de estacionamento disuasorio

O concello da Guarda asina un convenio con Inmobiliaria LaGuardia S.A. para a cesión de uso do antigo estadio do Trega

O pasado xoves día 20 de febreiro o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba e o representante da Inmobiliaria LaGuardia S.A., José Luis Moreira Carrero, asinaron un convenio de cesión de uso da parcela do antigo estadio do Trega, situada no centro da Guarda e que conta cunha superficie total de 10.900 m2.

O documento asinado por ámbalas dúas partes  contempla a cesión totalmente gratuíta da parcela, por un período de dous anos, para usala como aparcamento público e outros eventos de interese para o pobo da Guarda.

Con esta nova incorporación ás zonas de aparcamento disuasorio, que na actualidade dispón o Concello, quedan cubertas sobradamente as necesidades ordinarias e incluso as que poidan representar eventos puntuais con afluencia masiva de visitantes.

Dende o Concello da Guarda agradécese a disposición da Dirección e Accionistas da Inmobiliaria LaGuardia S.A. por esta cesión , amosando unha vez máis, a súa vontade de colaboración co pobo da Guarda.