Domingo, 4 Maio de 2025

O Club Remo «Robaleira» quenta motores para a tempada 2020

O Club remo Robaleira vén de celebrar o pasado sábado a presentación da Tempada 2020. Xunto a deportistas, familiares, amigos e patrocinadores/colaboradores, o Club fixo un pequeno repaso das categorías coas que se conta para esta vindeira tempada.

O club guardés competirá neste 2020 en infantís, cadetes, xuvenís e senior, das que só se completan dúas tripulacións para banco fixo. Esta circunstancia fai que o Robaleira márquese como obxectivo, a curto prazo, a recuperación de antigos remeiros e remeiras e a captación novos deportistas.

[su_image_carousel source=”media: 11243,11244,11245,11246,11247,11248″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Por outra banda, no remoergómetro, contan con dous puntais; o incansable Damián Alonso, que vén de colleitar éxitos no Campionato Europeo e ten as porta o Mundial nas próximas semanas; e o equipo de remo de San Xerome, cun palmarés envidiable que terá que esperar uns meses para competir polos cambios de datas nos campionatos.

Na presentación fixose tamén especial fincapé nas melloras e cambios que se están dando no club e que seguirán, “aínda que pouco a pouco”, xa que precisan “de axuda económica” para poder realizalos.

Os que xa se acometeron con axuda de subvencións e do Concello, foron a compra dunha nova furgoneta e dous ergómetros novos, melloras nas instalacións como a nova pintura do ximnasio… e a posta a punto das palamentas de fibra que levarán o nome de Obelisco Cantería, Diser, Langosteiros e a xa clásica Mecalia.

A novidade máis visible será o cambio na equipación. Chándal e plátano (roupa de competición) que levarán o nome de ORPAGU, Pesquera Alba e Pesquera Rumbo a tódalas competicións posibles.

Dende Robaleira agradecen “a todos eles e a os socios a súa contribución ao remo guardés. Comeza a tempada!!”.