Martes, 6 Maio de 2025

Concerto de «Cé Orquestra Pantasma» o domingo no Auditorio de Nigrán

O Concello de Nigrán, dentro da súa programación especial de Nadal, ofrece este domingo 29 ás 17:30 horas no Auditorio Municipal o concerto de ‘Cé Orquestra Pantasma’ A voar, un espectáculo que busca axudas a nenos e nenas “a reivindicar a confianza necesaria para satisfacer as súas necesidades de liberdade, movemento e xogo libre, así pois, nenos e nenas…a voar!!”

‘A Voar’ conta ao ritmo da música a historia da pequena Xoana quen, movida pola curiosidade e o desexo de voar, emprenderá unha longa viaxe que a súa vida mudará, amosándonos que só a través do coñecemento dos valores universais seremos quen de a nosa vida mellorar.