A concellería de Medio Ambiente, que dirixe Rosa Covelo, informa que xa está a disposición do persoal do seu departamento o novo vehículo adquirido con fondos propios e coa subvención outorgada polo Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia.
O coche que foi adquirido a un concesionario local polo valor de 23.282,63 €, IVE incluído, a través dun concurso público aberto que garantíu a transparencia e igualdade de oportunidades. Para esta adquisición o concello contou co apoio da Xunta de Galicia obtendo 15.646.50 € de subvención e aportando o concello a cantidade restante de 7.636,13 € con fondos propios.

A concelleira Rosa Covelo explica que se trata dun vehículo híbrido que contribúe na redución das emisións de CO2 promovendo desprazamentos máis sostibles
Con capacidade para cinco persoas, incorpora un gancho para poder transportar o remolque das ferramentas e maquinarias precisas para o desenvolvemento do traballo diario deste departamento.