Tag: limpeza fincas
O Rosal xa notificou 320 limpezas de fincas nos últimos nove meses
O Concello do Rosal notificou dende mediados do pasado ano un total de 320 limpezas de fincas. Só nos últimos seis meses de 2020 foron notificadas 215 limpezas ás persoas propietarias dos terreos, labores de obrigado cumprimento segundo a Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. De todas as notificacións realizadas, 145 xa están limpas, mentres que 38 están pendentes de recibir algún permiso para poder levar a cabo a limpeza e outras 32 están pendentes de proceder á limpadura.
Máis de 300 fincas expedientadas no 2020 en Tomiño por non cumprir a Lei de Prevención de Incendios Forestais ou a Ordenanza de Biomasa
O Concello de Tomiño abriu durante 2020 un total de 340 expedientes por incumprimento de limpeza de fincas ou tala de especies prohibidas; labores de obrigado cumprimento segundo a Lei de Prevención e Defensa dos Incendios Forestais de Galicia e/ou da Ordenanza Municipal da Xestión da Biomasa.
Nigrán roza, subsidiariamente, unha finca de 8.000 metros cadrados
O Concello de Nigrán ven de desbrozar de maleza e de xeito subsidiario unha finca privada con dono desconocido situada ao carón da rúa José María Pérez Alonso (núcleo de Nigrán), a maior ata a data ao contar con 8.000 metros cadrados de superficie.
Nigrán limpa parcelas “con risco de incendio”, de propietarios descoñecidos, ante a negativa da Xunta de Galicia a facelo
O Concello de Nigrán, que tiña asinado un convenio coa Xunta de Galicia en virtude do que Seaga faríase cargo, subsidiariamente, "da limpeza das fincas con propietarios descoñecido e que presenten gran perigosidade", vén de acoller con sorpresa o feito de que a administración autonómica non considere ao municipio "concello prioritario na loita contra o lume".
Oia contrata unha técnica forestal para reforzar o servizo de tramitación de limpeza de fincas
O Concello de Oia acaba de contratar unha técnica forestal para reforzar o servizo de tramitación de limpeza de fincas, debido a gran cantidade de solicitudes formuladas, para contribuír a mellora da prevención de incendios forestais. O contrato terá unha duración de 4 meses, prestando servizo no Concello os luns, xoves e venres.