Tag: web
O Rosal estrea marzo cun apartado específico de igualdade na web municipal
O Rosal aposta pola igualdade todos os días do ano e en todos os ámbitos municipais. Nese camiño para continuar revolucionando mentes a web municipal estrea este luns un apartado específico de igualdade que contará con material relacionado con este ámbito e que lonxe de ser estático continuará crecendo ao longo do tempo con novo contido.
O Rosal estrea web de medio ambiente
O Concello do Rosal estrea páxina web de medio ambiente, un espazo no que se aglutinará toda a información relativa á xestión responsable dos residuos e permitirá realizar todos os trámites relacionados coa compostaxe e a reciclaxe.
Novo espazo para a participación infantil e adolescente na web municipal
A alcaldesa en función, Cristina F. Davila, convida a toda a infancia e mocidade a sacarlle o máximo partido ao novo espazo creado para eles e elas na páxina web municipal co obxectivo de facilitarlles a súa participación. Desde a creación do consello municipal de infancia e adolescencia, os nenos, nenas e adolescentes representantes dos distintos centros escolares teñen a oportunidade de expoñer directamente ao goberno municipal a súa opinión sobre aqueles aspectos que máis lle preocupan, así como de achegar as propostas de solución que consideran máis oportunas en cada caso.
#rebulindo (dende a casa), portal de recursos de entrenemento e coñecemento do Concello da Guarda
O Concello da Guarda inaugura un espazo web, integrado dentro da súa páxina web institucional na que se inclúen unha gran cantidade de recursos para o entretemento e a formación en distintos campos, dende a actividade física ata as propostas culturais, pasando polo descubrimento da nosa vila e como non, cun apartado adicado ós máis pequenos.
A web da Deputación, a máis accesible das administracións locais do Estado
O esforzo impulsado polo goberno de Carmela Silva na Deputación de Pontevedra para dotar de ferramentas de accesibilidade á web www.depo.gal está a dar os seus froitos. Deste xeito, o último estudo elaborado polo Observatorio de Accesibilidade do Ministerio de Política Territorial e Función Pública sitúa á web da institución provincial, cunha valoración de 9,98, como a máis accesible das administracións locais do estado.
A web de Turismo Rías Baixas incrementa un 11 % as súas visitas
A páxina web de Turismo Rías Baixas incrementou un 11 % as súas visitas desde principios de ano e en agosto bateu o seu récord histórico de usuarias e usuarios mensuais con 41.200 persoas seguindo puntualmente a información sobre a completa oferta turística do destino.