18.5 C
Pontevedra
Martes, 15 de Outubro de 2024
Máis

    Tag: universidade

    O Concello de Arbo convoca becas de estudo para universitarios

    O Concello de Arbo, en colaboración coa Fundación “Segundo Gil Dávila”, convoca becas de axuda para os estudos, por unha cuantía de 500,00€ cada unha.

    O reitor da UNED destaca a “exquisita sensibilidade” da Deputación coa Universidade

    O papel da Deputación como impulsora da UNED na provincia de Pontevedra quedou hoxe de manifesto durante a visita que o reitor, Ricardo Mairal, realizou ao Pazo Provincial. No libro de honra deixou escrito “Un verdadero honor visitar la Diputación y un verdadero privilegio trabajar conjuntamente en torno a un proyecto universitario común”. Mairal, que acudiu acompañado do director do Centro Territorial, Víctor González, anunciou a próxima posta en marcha de “proxectos de cara á máxima apertura da Universidade Nacional de Educación á Distancia á sociedade”.

    V Semana das Ciencias, ponte entre o alumnado ponteareán e as persoas vinculadas as ciencias das universidades galegas

    “Unha vez máis o alumnado dos nosos centros educativos e o seu profesorado superou as expectativas amosando un amplo interés pola ciencia, realizando traballos de complexidade e calidade e participando nas distintas conferencias ofertadas”, adianta a alcaldesa en funcións e concelleira de Ensino de Ponteareas, Cristina Fernández Davila ao facer un primeiro balance da Semana das Ciencias

    A Xunta retíralles ás universidades a proposta de programa voluntario de impulso á “implantación da docencia mixta”

    A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional retíralles ás universidades a proposta de programa voluntario de impulso á implantación da docencia mixta que lles foi anunciado o pasado 6 de maio aos reitores e ao que deran a súa conformidade. A Secretaría Xeral de Universidades adoptou esta decisión ante a utilización para a confrontación que están a facer determinados colectivos da iniciativa proposta, coa que, no marco da aposta por un ensino público de calidade, unicamente busca potenciar no Sistema Universitario de Galicia (SUG) a docencia semipresencial

    As tres universidades galegas consensúan coa Consellería non retomar as clases presenciais neste curso 2019/2020

    A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, o director da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), Eduardo López, e os reitores das tres universidades galegas, Antonio López (USC), Manuel Reigosa (UVigo) e Julio Abalde (UDC) reuníronse esta mañá por videoconferencia. No marco desta xuntanza consensuouse, tal e como solicitaron os tres reitores, manter o calendario académico sen retomar as clases presenciais neste curso 2019/2020.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.