12.8 C
Pontevedra
Domingo, 26 de Marzo de 2023
Máis
    HomeA ParadantaArboO Concello de Arbo convoca becas de estudo para universitarios

    O Concello de Arbo convoca becas de estudo para universitarios

    O Concello de Arbo, en colaboración coa Fundación “Segundo Gil Dávila”, convoca becas de axuda para os estudos, por unha cuantía de 500,00€ cada unha.

    Poderán solicitar esta axuda aqueles mozos e mozas, que realicen estudos universitarios no presente curso 2021/2022 e que cumpran os seguintes requisitos:

    1. Estar empadroado no concello cun ano de anterioridade ao momento en que se solicita a beca.
    2. Non estar en posesión ou non reunir os requisitos legais para a obtención dun título do mesmo ou superior nivel ao correspondente ao dos estudos para os que se solicita a beca. A estes efectos, non poderán ser beneficiarios de beca aqueles estudantes aos que únicamente lles reste, para a obtención do título, a acreditación dun determinado nivel de coñecemento dun idioma estranxeiro.
    3. Estar matriculado nalgunha das ensinanzas universitarias do sistema educativo español para obter un título universitario oficial.
    4. No caso do máster, só se terán en conta aqueles que habilitan para o exercicio profesional.
    5. Non atoparse incurso nalgunha das prohibicións establecidas no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

    A instancia de solicitude dirixirase ao alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil. Esta solicitude terá que ir acompañada da documentación establecida nas bases da convocatoria (a disposición dos solicitantes nas Oficinas Municipais e na páxina web).

    O prazo de presentación estará aberto ata o vindeiro día 15 de novembro de 2021. Toda a información adicional necesaria pode atoparse nos Servizos Sociais do Concello de Arbo ou na páxina web do Concello www.concellodearbo.es.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS