Tag: teatro do ar
O Concello de Nigrán ofrece hoxe, na Carrasca, a actuación do Rey Midas e Teatro do Ar
Concello de Nigrán ofrece mañá venres na Praza da Carrasca unha actuación do Mago Rey Midas ás 20:00 horas na que realizará moitos dos números que fixo nas videochamadas aos nenos que estiveron de aniversario durante o confinamento e aos que o Concello agasallou deste xeito.
«Distintas compañías» de Teatro do Ar, este sábado en Nigrán
O auditorio do Concello de Nigrán recibe este sábado 'Teatro do Ar' nun novo día do seu ciclo de teatro. A compañía de Nigrán representará a obra orixinal de Pedro Rodríguez Villar, director do grupo, 'Distintas Compañías'. Unha comedia baseada nas lendas que Antonio Fraguas, homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano, recolleu durante a súa vida de aldea en aldea.