Tag: taxi
Gondomar entrega 100.000 euros en axudas directas aos sectores da hostalería, autotaxi e pequenas empresas
Os interesados poderán presentar a súa solicitude a partir de hoxe e nun período de 30 días hábiles a través do Rexistro Xeral do concello, formalizando a petición da axuda a través dos modelos normalizados nos anexos II e V incorporados as bases (que poden descargarse na páxina www.concellodegondomar.gal ou na Sede electrónica).
Nigrán leva a Pleno a aprobación de 120.000 euros en axudas directas á hostalaría e ao sector do taxi
O Goberno de Nigrán levará ao Pleno do 21 de decembro a aprobación das bases para establecer axudas directas de 120.000 € ao sector hostaleiro afectado polo peche sanitario do 4 de novembro e ao sector do taxi da localidade afectado polas restrición de mobilidade. A cantidade da subvención finalmente incrementouse para incluír tamén a bonificación na hostalaría do recibo trimestral da auga e a parte proporcional do lixo e, no sector do taxi, a axuda será de 70 € para compensar o imposto de Rodaxe.
O sector do taxi amosa o seu interese polo ‘Transporte a demanda no rural’ proposto polo Concello de Redondela
O Goberno local de Redondela vén de dar traslado aos grupos da oposición da súa proposta para implantar no municipio un “servizo de taxi baixo demanda”, iniciativa pensada para conseguir unha comunicación fluída e eficiente das parroquias cos núcleos urbanos tanto de Redondela coma de Chapela.