Tag: socorristas
A Cañiza contratará a dous socorristas e dous peóns forestais
A Cañiza contará con dous novos socorristas e dous peóns forestais. As convocatorias dos procedementos foron publicadas previamente no BOP de Pontevedra nº 91 do 14 de maio.
O Rosal contratará a un socorrista para a praia das Eiras durante xullo e agosto
O Concello do Rosal vén de poñer en marcha o proceso selectivo para a contratación dun/ha socorrista para prestar servizo na praia das Eiras durante o meses de xullo e agosto. Será un contrato temporal a xornada completa no que a persoa contratada deberá desenvolver tarefas de vixiancia, prevención e salvamento de bañistas e demais persoas usuarias que acudan durante a tempada estival a esta praia e á súa contorna.
O Concello da Guarda leva á Xunta aos tribunais pola denegación parcial dunha subvención para socorristas
Os feitos remóntanse a maio do 2019, mes no que o Concello da Guarda solicitaba do Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, unha subvención por importe de 21.000 € para o cofinanciamento da contratación de 7 persoas desempregadas para o servizo de socorrismo das Praias con Bandeiras Azuis do municipio na época estival, Area Grande e O Muíño.