Tag: pobo saharaui
A corporación de Nigrán respalda o dereito de autodeterminación do pobo saharaui
A unanimidade da corporación do Concello de Nigrán aprobou unha moción de urxencia do goberno local en defensa do dereito de autodeterminación do pobo saharaui e de rexeitamento da viraxe neste asunto de política exterior por parte do goberno de España, sendo o primeiro municipio de Galicia en facelo.
Mos asina un convenio de colaboración coa Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui
A presidenta da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, Maite Isla, e a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, veñen de asinar no salón de sesións do Concello, o convenio de colaboración entre a asociación e a administración local.
Gondomar cede tres vehículos á caravana da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharahui que partirán este domingo cara a Alacante
A caravana solidaria ponse en marcha ante a suspensión do programa “Vacacións en Paz” como consecuencia da pandemia e o peche de fronteiras que xerou a aparición da Covid-19 algo que “non nos pode deixar de brazos cruzados nin a voluntarios nin á sociedade”, manifestou a presidenta da Asociación Mayte Isla Avión.
Ponteareas apoia ao pobo saharaui e asina o convenio de axuda alimentaria para os campamentos nesta situación de pandemia
O goberno de Ponteareas, representado polo alcalde Xosé Represas, mantivo hoxe un encontro coa presidenta de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, Maite Isla, para a sinatura do convenio que permite desenvolver o programa de “Axuda alimentaria para os campamentos de refuxiados saharauis” e así poder cubrir o déficit existente de arroz, aceite, azucre, legumes e almorzo nas escolas dos campamentos de refuxiados saharauis.