12.4 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiUn neno saharauí pasará o verán en Tui nunha familia de acollida

    Un neno saharauí pasará o verán en Tui nunha familia de acollida

    Un neno saharauí de 8 anos, Yusef Abderrahman,  pasará o verán en Tui no seo dunha familia de acollida. Grazas ao programa Vacacións en Paz que organiza Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, SOGAPS, este cativo pasará os meses estivais na cidade.

    O  alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, recibiu na casa do concello ao neno e a súa familia de acollida.  O rexedor tudense deu a benvida ao cativo e  o obsequiou cunha mochila e material escolar. Enrique Cabaleiro amosou o seu agradecemento á familia de acollida recoñecendo o inmenso labor social das familias que deciden compartir o verán coas cativas e cativos saharauís permitindo que vivan unha experiencia única que, sen dúbida, será enriquecedora para as dúas partes.

    Engadía Enrique Cabaleiro que “a veciñanza de Tui é, e sempre foi, sensible e solidaria co pobo saharauí e hai que recoñecer o impagable labor das familias que, dando exemplo de cariño e xenerosidade comparten o seu tempo e os seus recursos cos nenos e nenas saharauís”.

    O Concello de Tui apoia e financia, cada ano, a iniciativa da asociación SOGAPS que fai posible este intercambio de vital importancia para os mais cativos do pobo saharauí.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.