Tag: mestre mateo
O Ciclo Mestre Mateo proxecta o documental “A virxe roxa” en Ponteareas e Redondela
O Ciclo Mestre Mateo que promoven a Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Pontevedra celebrará este próximo sábado a súa segunda sesión coa proxección nos concellos de Ponteareas, Poio, Redondela, Cambados e Forcarei do premiado documental “A virxe roxa”.
O ciclo ‘Mestre Mateo’ arranca en Ponteareas
Ponteareas dá a benvida esta fin de semana ao ciclo ‘Mestre Mateo’, unha actividade organizada pola Academia Galega do Audiovisual e pola Deputación de Pontevedra que traerá á vila do Tea ao longo dos vindeiros meses e de forma gratuíta as películas gañadoras e finalistas nos premios do cinema galego.
Ponteareas proxectará de marzo a decembro oito películas gañadoras e finalistas dos premios Mestre Mateo
O Concello de Ponteareas formará parte do ciclo 'Mestre Mateo' que organizan a Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Pontevedra. Esta actividade traerá á vila do Tea as películas gañadoras e finalistas nos premios do cinema galego este ano de maneira totalmente gratuíta. O Concello proxectará cada mes, dende marzo, agás en xullo e agosto, ata decembro, as oito películas que compiten polos galardóns.